Arquidiocese ortodoxa romanesa de Arad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquidiocese de Arad
Datos xerais
LocalizaciónCondado de Arad, Romanía
Información
IgrexaIgrexa ortodoxa romanesa
Xerarquía
PatriarcaDaniel
ArcebispoTimotei Seviciu

A arquidiocese de Arad (en romanés: Arhiepiscopia Aradului) é unha división eclesiástica ortodoxa da Igrexa ortodoxa romanesa con sé na cidade de Arad, baixo a autoridade da Metrópole de Banat. A súa xurisdición esténdese dende 2009 á totalidade do condado de Arad, aínda que anteriormente abranguía tamén o condado de Hunedoara. O seu actual arcebispo é Timotei Seviciu.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Arad foi fundada no ano 1706 para acoller aos ortodoxos serbios refuxiados do Imperio Otomán no territorio do Reino de Hungría, controlado daquela pola Casa de Habsburgo. No ano 1690 o bispo Isaia Diacovici obtera do emperador Leopoldo I de Viena os "privilexios de Iliria", que daban liberdade relixiosa e autonomía política aos serbios ortodoxos no territorio baixo administración imperial, facendo que se estabeleceran arredor de 40.000 familias en Banat e Crișana, acompañados de numerosos cregos. O 15 de abril de 1706 o bispo serbio Isaia obtivo do emperador Xosé I a aprobación para a creación do arcebispado.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.