Arquelao (xeógrafo)
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Actividade | |
| Ocupación | xeógrafo |
| Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology |
Arquelao (en latín: Archelaus, en grego antigo: Ἀρχέλαος) foi un xeógrafo grego que escribiu unha obra na que describía todos os países que Alexandre o Grande atravesara, segundo Dióxenes Laercio.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suponse que era contemporáneo de Alexandre e que o tería acompañado nas súas expedicións, pero a obra perdeuse e non se pode dicir nada con certeza. Tampouco se sabe se é o mesmo Arquelao de quen Valerio Harpócrates cita unha obra sobre Eubea. Plutarco e Estobeo tamén citan un libro sobre ríos e pedras dun certo Arquelao, quizais este.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dióxenes Laercio. Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres II, 17.
- ↑ Archelaus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 261.