Aromatum Chaos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aromatum Chaos
Aromatum Chaos e Ravi Vallis, vistos dende o Viking Orbiter
Tipo de rexión Chaos
Terreo caótico de Marte
Lonxitude 72,8 km[1]
Coordenadas 1,04° S 42,97° O[1]
Procedencia do nome Nome dun antigo accidente xeolóxico de Marte.[1]

Aromatum Chaos é unha depresión profunda, no que se considera un terreo caótico. É o nacemento da canle Ravi Vallis, e está situado no extremo oriental de Xanthe Terra, no cuadrángulo de Margaritifer Sinus (MC-19) de Marte, situado sobre as coordenadas 1°05′S 317°00′L / -1.09, 317.0. Aromatum Chaos ten unha lonxitude de 91,5 km (e 72,8 km. segundo a web do USGS[1]), e ten unha anchura media de preto de 30 km.[2][3][4][5]

A profundidade máxima do chan de Aromatum Chaos foi estimada nuns 3,45 respecto do seu bordo. A profundidade media dos dous terzos occidentais da depresión de Aromatum Chaos é de preto de 1,64 km, e da restante parte oriental, preto dun terzo da superficie, estímase nuns 1,2 km de profundidade respecto do bordo da depresión (usando datos topográficos do MOLA). Así pois, a profundidade media é duns 1,49 km.[2][3]

Pénsase que a depresión de Aromatum CHaos e a veciña canle de Ravi Vallis foron causados polas interaccións do criovulcanismo, que inclúen unha combinación diques e peitorís, que fenderon a criósfera que estaba baixo da superficie, coma se fose a perforación dun acuífero, dando coma resultado a liberación de grandes cantidades de auga. Pola outra banda, provocou o colapso da codia terrestre, creando a depresión de Aromatum Chaos, e unha inundación catastrófica, que formou a canle de saída Ravi Vallis. A inundación estímase que durou entre 2 e 10 semanas.[2][3]

As interaccións criovolcánicas coma as que tiveron lugar en Aromatum Chaos, e as inundacións catastróficas resultantes que formaron a veciña canle de saída Ravi Vallis, tamén se sabe que tiveron lugar noutras partes de Marte, coma por exemplo en Kasei Valles[6] e Mangala Valles.[7][8]

Galería[editar | editar a fonte]


Mapas topográfico feitos co (MOLA) da rexión Margaritifer Sinus de Marte que amosan a localización de numerosos vales e rexións caóticas, incluíndo Aromatum Chaos (a pequena área triangular) e Ravi Vallis, ambos están no interior de Xanthe Terra. Aromatum Chaos é pequeno cando se compara con outros terreos caóticos dos arredores; está situado nas esquinas esquerdas superiores (1°05′S 317°00′L / -1.09, 317.0) dos dous mapas de primeira ringleira, preto do ecuador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Aromatum Chaos on Mars". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 22-02-2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Leask, Harald J.; Wilson, Lionel; Mitchell, Karl L.; (17-08-2006). "Formation of Aromatum Chaos, Mars: Morphological development as a result of volcano-ice interactions". Journal of Geophysical Research 111 (E8). doi:10.1029/2005JE002549. Consultado o 04-12-2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Leask, Harald J.; Wilson, Lionel; Mitchell, Karl L.; (13-06-2006). "Formation of Ravi Vallis outflow channel, Mars: Morphological development, water discharge, and duration estimates". Journal of Geophysical Research 111 (E8). doi:10.1029/2005JE002550. Consultado o 04-12-2015. 
  4. "Planetary Names: Welcome". 
  5. "A Flash In the Valley". 
  6. Keskea, A., C. Hamilton, A. McEwen, I. Daubar. Episodes of fluvial and volcanic activity in Mangala Valles, Mars. Icarus:245, 333-347.
  7. Leask, Harald J.; Wilson, Lionel; Mitchell, Karl L.; (24-02-2007). "Formation of Mangala Fossa, the source of the Mangala Valles, Mars: Morphological development as a result of volcano-cryosphere interactions" (PDF). Journal of Geophysical Research 112 (E02011). doi:10.1029/2005JE002644. Consultado o 06-12-2015. 
  8. Leask, Harald J.; Wilson, Lionel; Mitchell, Karl L.; (04-08-2007). "Formation of Mangala Valles outflow channel, Mars: Morphological development and water discharge and duration estimates" (PDF). Journal of Geophysical Research 112 (E08003). doi:10.1029/2006JE002851. Consultado o 06-12-2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]