Arnoldus Johannes Hubertus Aerts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arnoldus Johannes Hubertus Aerts
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1880 en Swolgen, Horst aan de Maas, Limburgo, Países Baixos
Pasamento30 de xullo de 1942
Ordes
Ordenación sacerdotal6 de agosto de 1905
Consagración episcopal30 de novembro de 1920, por Arnold Frans Diepen
Vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa
1920 - 1942
PredecesorHendrik Nollen
SucesorJacques Grent
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Arnoldus Johannes Hubertus Aerts, nado en Swolgen (Limburgo, Países Baixos) o 3 de febreiro de 1880 e finado o 30 de xullo de 1942, foi un misioneiro católico neerlandés, vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa dende 1920 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 8 de setembro de 1900 profesou como membro dos Misioneiros do Sagrado Corazón, e o 6 de agosto de 1905 foi ordenado sacerdote. O 20 de xullo de 1920 foi nomeado bispo titular de Apollonia, e o 28 de agosto vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa. Recibiu a congración episcopal o 30 de novembro do mesmo ano de mans do bispo de 's-Hertogenbosch Arnold Frans Diepen. Finou no cargo o 30 de xullo de 1942.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]