Arnoglossus capensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arnoglossus capensis
Rapapelos do Caboo
Arnoglossus capensis.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Bothidae
Xénero: Arnoglossus
Especie: A. capensis
Nome binomial
Arnoglossus capensis
Boulenger, 1898 [1]
Sinonimia
  • Arnoglossus entomorhynchus
    Stauch, 1967 [1]

Arnoglossus capensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos do Cabo.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1898 polo ictiólogo británico de orixe belga George Albert Boulenger.

Ademais de por este nome orixinario, coñécese tamén polo sinónimo Arnoglossus entomorhynchus Stauch, 1967

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xénero

Véxase en Austroglossus.

Especie

O nome específico, capensis "do cabo", deriva do cabo da Boa Esperanza, en cuxas augas vive a especie.

Caractarísticas[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas desta especie son:[3]

  • Corpo deprimido, ovalado, de até os 20 cm de lonxitude como máximoo.
  • As aletas dorsal e anal unidas á caudal.
  • Aleta dorsal con de 96 a 103 raios (brandos), e a anal con de 73 a 82 raios (igualmente brandos).
  • Coloración, no lado pigmentado, parda clara, con pequenas manchas máis escuras.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre 1 e os 200 m. Distribúese polas costas atlánticas de África, entre os 20° N e os 35° S, desde Mauritania até O Cabo e Natal (Suráfrica).[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Vive sobre fondos areosos, fangosos* e con cunchas.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

O rapapelos do Cabo é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas onas onde vive (Atlántico sudoriental).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
  3. 3,0 3,1 3,2 Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae" en J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, Paris; & UNESCO, Paris. Vol. 2 pp. 1027-1036.
  • Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]