Saltar ao contido

Arnau Comas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArnau Comas
Biografía
Nacemento11 de abril de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Cassà de la Selva Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2010 Girona FC
2010–2019 FC Barcelona
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–2020→ cesión:  Unió Esportiva Olot 17(0)
2019–2022   FC Barcelona B 55(2)
2022–2025 FC Basel 1893 43(3)
2025–2025→ cesión:    Sociedad Deportiva Eibar 9(0)
2025–   Deportivo da Coruña 0(0)

UEFA: 250101269 Editar o valor en Wikidata

Arnau Comas Feixas, nado en Cassà de la Selva o 11 de abril de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División. É irmán do tamén futbolista Oriol Comas, xogador do Ourense CF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do Girona e do Barcelona, ingresando neste último aos 10 anos. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club e na tempada 2017/18 proclamouse co equipo xuvenil campión do seu grupo da División de Honra e da Liga Xuvenil da UEFA.[1]

Na tempada 2019/20 xogou cedido no Olot, co que debutou na Segunda División B ás ordes de Raúl Garrido. A continuación regresou ao Barcelona e pasou a capitanear o filial de García Pimienta, tamén en Segunda B. Formou parella de centrais con Mika Mármol, e durante os seguintes dous anos disputou un total de 55 partidos oficiais, todos agás un como titular.[2]

En 2022, despois de 12 anos no Barça, deixou o club catalán e puxo rumbo ao FC Basel suízo, co que asinou un contrato de catro anos.[3] Debutou co equipo de Alexander Frei o 21 de xullo ante o Crusaders irlandés en St. Jakob-Park, nun partido da segunda rolda de clasificación para a Conference League da UEFA.[4] Tres días despois, xogou o seu primeiro encontro na Super Liga, nun empate 1-1 contra o Servette.[5] O 23 de outubro do mesmo ano marcou dous goles na vitoria do Basel por 3-1 sobre o Winterthur.[6] Titular indiscutible, mediada a tempada 2022/23 levaba xa disputados 25 partidos oficiais, pero en xaneiro sufriu unha lesión muscular durante un adestramento en Marbella que o afastou dos terreos de xogo no que restaba de campaña.[7]

Recuperouse a tempo para o comezo da tempada 2023/24 co novo adestrador Timo Schultz, pero o 23 de outubro de 2023 sufriu unha lesión no menisco lateral do xeonllo esquerdo nun partido contra o Servette, que precisou dunha operación cirúrxica e que o deixou varios meses de baixa.[8] Reapareceu para disputar os dous últimos partidos da liga. Na tempada 2024/25 volveu padecer outra lesión, desta vez nun ombreiro, perdendo boa parte da primeira metade da competición.

O 31 de xaneiro de 2025 foi cedido ao Eibar, da Segunda División.[9] Tardou un mes en facerse cun posto no equipo vasco, pero acabou aferrándose á titularidade, formando parella con Anaitz Arbilla.[10] Con todo, despois de nove encontros, todos como titular, ata que recaeu da súa lesión de ombreiro, tendo que pasar de novo polo quirófano.[10]

O 4 de xullo asinou un contrato de tres anos co Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[11] Debutou nun partido amigable contra o Ourense no Couto, encontro no que se enfrontou por primeira vez na súa carreira ao seu irmán Oriol.[12] Viviu unha tempada irregular, sen conseguir ter continuidade nas aliñacións de Antonio Hidalgo. Disputou un total de 26 encontros entre liga e Copa do Rei e conseguiu o ascenso á Primeira División.[13]

Selección española

[editar | editar a fonte]

O 18 de novembro de 2022 debutou coa selección española sub-21 ante o Xapón.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Europa Outros[N 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos Goles Partidos GolesPartidosGoles
Olot 2019/20 Segunda B 16010 - - - -170
Barcelona B 2020/21 Segunda B 25 2 - - - - 1 0 25 2
2021/22 1ª RFEF 29 0 - - - - - - 29 0
Total club 54 2 0 0 0 0 1 0 54 2
Basel 2022/23 Super Liga 13 2 1 0 12 0 - - 26 0
2023/24 Super Liga 9 1 1 0 2 0 - - 12 0
2024/25 Super Liga 3 0 2 0 - - - - 5 0
Total club 25 3 4 0 14 0 0 0 43 3
Eibar 2024/25 Segunda 9 0 0 0 - - - - 9 0
Deportivo da Coruña 2025/26 Segunda 24 0 2 0 - - - - 26 0
Total carreira 128570 14 0 3 02375
  1. ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.
  1. ↑ "Chelsea 0-3 Barcelona". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2025.
  2. ↑ "Araujo se siente "más maduro" y Comas seduce a Koeman" (en castelán). 31 de xullo de 2021. Consultado o 7 de xullo de 2025.
  3. ↑ "Arnau Comas: «El Basilea es muy parecido al Barça»" (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2025.
  4. ↑ "FC Basel 1893 VS Crusaders FC" (en alemán). 9 de xullo de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2025.
  5. ↑ "FC Basel - Servette FC 1:1 (1:0)". fcb-archiv.ch (en alemán). Consultado o 9 de xullo de 2025.
  6. ↑ "FC Basel - FC Winterthur 3:1 (2:0)". fcb-archiv.ch (en alemán). Consultado o 9 de xullo de 2025.
  7. ↑ "Arnau Comas fällt bis voraussichtlich Ende Saison aus" (en alemán). 5 de abril de 2023. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2023. Consultado o 9 de xullo de 2025.
  8. ↑ "Arnau Comas fällt verletzt aus" (en alemán). 24 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2023. Consultado o 9 de xullo de 2025.
  9. ↑ "Arnau Comas, refuerzo invernal para la defensa de la SD Eibar" (en castelán). 31 de xaneiro de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2025.
  10. 1 2 Gómez, Xurxo (8 de xullo de 2025). "Arnau Comas, mucho más que un central 'bonito'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2025.
  11. ↑ "Arnau Comas reforza a zaga do Dépor até 2028". 4 de xullo de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2025.
  12. ↑ "El día especial de Arnau y Oriol Comas". DxT Campeón (en castelán). 28 de xullo de 2025. Consultado o 3 de agosto de 2025.
  13. ↑ Silveira, Xane (5 de xuño de 2026). "Las notas individuales de la temporada del Deportivo: Mario Soriano, MVP blanquiazul". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2026.