Armorial Wernigerode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armorial Wernigerode
Biblioteca Estatal de Baviera, Múnic
Escudo do emperador Maximiliano I de Habsburgo.
Tamén coñecido comoArmorial Schaffhausen
TipoArmorial
Datac. 1486-1492
Lugar de orixeSur de Alemaña
Lingua(s)Alemán
Autor(es)Descoñecido
Dimensións30,5 × 21,5 cm
FormatoLibro
Contido1866 armas
Posesións previasOtto Hupp
IdentificadorBSB Cod.icon. 308 n
modificar datos en Wikidata ]

O armorial Wernigerode, tamén coñecido como armorial Schaffhausen, en alemán Wernigeroder Wappenbuch ou Schaffhausensches Wappenbuch, é un armorial realizado entre 1486 e 1492 no sur de Alemaña, posibelmente preto de Nördlingen.[a] É considerado un dos armoriais mellor conservados do século XV.[2] Está depositado na Biblioteca Estatal de Baviera.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Orixinalmente consistía en dous volumes, o segundo dos cales se perdeu. Existe, ademais, un terceiro volume co rexistro de nomes dos primeiros dous volumes, o cal se acha na Biblioteca Universitaria e Estatal de Halle so o nome de Fürstlich Stolberg-Wernigeroder Depositum (sinatura Halle, UuLB: Zi 33).

O armorial estivo antigamente en posesión da familia Schaffhauser de Schaffhausen, Ehingen am Ries (Suabia), preto de Nördlingen, e posteriormente conservouse na biblioteca Stolberg de Wernigerode[3] (sinatura Zi 33). Após a disolución desta biblioteca en 1927/8, a obra pasou ás mans privadas do artista heráldico Otto Hupp en 1931. Coa súa morte en 1949, a Biblioteca Estatal de Baviera finalmente adquiriu o primeiro volume ese mesmo ano.

Este volume contén unha compilación uniformemente realizada e debuxada de case 1870 escudos de armas, fundamentalmente familiares mais tamén de cidades e estados do Sacro Imperio Romano-Xermánico, así como de países europeos e orientais. O segundo volume, pola súa banda, contiña 1352 escudos. O libro é un testemuño importante do período de transición entre as convencións de heráldica medievais e as clásicas, tal como se pode ver nas armas papais, as cales amosan as chaves de san Pedro cruzadas por detrás do escudo, unha moda que os propios papas foron adoptando ós poucos durante o século XVI; devaditas chaves eran, pola contra, empregadas sobre o escudo desde arredor de 1420.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A localización en Nördlingen baséase no motivo do año estampado na cuberta.[1]
Referencias
  1. Die Schwenke-Sammlung gotischer Stempel- und Einbanddurchreibungen nach Motiven geordnet und nach Werkstätten bestimmt und beschrieben von Ilse Schunke (en alemán). Berlín. 2 volumes (1979-1996). Beiträge zur Inkunabelkunde 3.
  2. Clemmensen 2017, pp. 273-274.
  3. Herricht, H. (1970). Die ehemalige Stolberg-Wernigerodische Handschriftenabteilung. Die Geschichte einer kleinen feudalen Privatsammlung (en alemán). Halle. 
  4. Woodward, John (1894). A Treatise on Ecclesiastical Heraldry (en inglés). Edimburgo e Londres: W. & A. K. Johnston. p. 153. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Clemmensen, Steen (2017). Armorials - listed by Sigla (PDF) (versión PDF). Ordinary of Medieval Armorials (en inglés) (2.ª ed.). Farum, Dinamarca. 
  • Reuter, Marianne (2009). "Cod.icon. 308 n" (PDF). Bayerische Staatsbibliothek: Codices Iconographici (en alemán).  Descrición do manuscrito.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]