Armenios en España
| Armenios en España | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
A inmigración armenia en España (en armenio: Հայերն Իսպանիայում; Hayern Ispaniayum) fai referencia ao movemento migratorio dende Armenia cara ao Reino de España. O seu número calcúlase arredor das 40.000 persoas, principalmente en Valencia, Barcelona e Madrid.[1] España foi o cuarto destino máis popular da emigración armenia en 2011.[2]
Antes de 2009, non había igrexas armenias en España,[1] até que se abriu unha nunha pequena cidade preto de Barcelona en agosto dese ano.[3] A maioría dos armenios en España pertencen á Igrexa apostólica armenia.[3] O número de escolas dominicais armenias en España está a aumentar.[1]
A maioría dos armenios residentes en España falan armenio e castelán.[1] Gran parte da emigración de Armenia tras a disolución da Unión Soviética dirixiuse á Unión Europea, incluíndo España, xunto con Rusia e os Estados Unidos de América.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Mesmo se a presenza de armenios individuais no territorio da actual España remóntase polo menos á Idade Media, o seu número aumentou a principios da época moderna, asentándose a partir do século XVI en cidades comerciais como Sevilla ou Cádiz, atraídos pola crecente actividade comercial nos reinos da Monarquía Hispánica, desempeñando un papel importante no comercio persa da seda.[4] Malia un éxito social e comercial inicial, a súa reputación deteriorouse no século XVII por varias razóns, como a preponderancia sobre a importación de tecidos baratos exercida polos comerciantes armenios, a loita dos franciscanos, financiados pola Coroa española, contra outros grupos cristiáns polo control dos lugares santos, e algúns chegaron tamén ao punto de acusar os armenios locais de lealtades encubertas á Sublime Porta.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Armenian Diaspora in Spain". Embassy of Armenia to Spain. Ministry of Foreign Affairs of Armenia. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
- 1 2 "Migration Facts: Armenia" (PDF). Migration Policy Centre. marzo de 2013. Consultado o 7 de abril de 2016.
- 1 2 "SOAR-Barcelona". Society for Orphaned Armenian Relief. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ Martín Corrales, Eloy (2009). "Cristianos orientales en Andalucía en la Edad Moderna" (PDF). En Bravo Caro, Juan Jesús; San Sampelayo, Juan. Población y grupos sociales en el Antiguo Régimen II. Málaga: Área de Historia Moderna da Universidade de Málaga. p. 977. ISBN 978-84-931692-8-2.
- ↑ Martín Corrales 2009, pp. 978–981.