Arlington Heights, Illinois
| Arlington Heights (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Illinois | ||||
| Condado | Condado de Cook (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 77.676 (2020) | ||||
| Número de fogares | 30.672 (2020) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 43,074626 km² | ||||
| Auga | 0,175 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Altitude | 200 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1887 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 60004, 60005 e 60006 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | vah.com | ||||

Arlington Heights é unha cidade e municipio dos Estados Unidos, a cabalo dos condados de Cook, e de Lake no estado de Illinois.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un suburbio de Chicago, atopándose a uns 40 km ao noroeste do centro desta cidade.[1]
O municipio ocupa unha superficie de 43,09 km2.[2]
Segundo o censo de 2019 Arlington Heights contaba cunha poboación de 74 760 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 738,30 Hab./km2.
Historia
[editar | editar a fonte]A mediados do século XIX a localidade de Arlington Heights estaba principalmente na parte occidental do municipio de Wheeling, con territorios nos concellos adxacentes de Elk Grove e Palatine, nunha zona que orixinalmente destacaba pola ausencia de soutos e árbores.
A Oficina Xeral de Terras comezou a vender leiras alí en 1835. En 1853, William Dunton, orixinario de Oswego, Nova York, convenceu ao ferrocarril de Illinois e Wisconsin para que fixera unha estación no lugar, e asentou unha cidade chamada Dunton, que recibiu o nome de William Dunton.
En 1850 a zona cambiou en gran medida a súa composición étnica, xa que moitos agricultores alemáns de Saxonia chegaran durante a década de 1840. John Klehm podería servir como exemplo: nun principio foi un cultivador de patacas, abastecendo o mercado de Chicago e, en 1856, comezou cun viveiro de cerdeiras, maceiras e pereiras, para despois cambiar aos abetos, aos arces e aos olmos, e despois ás flores. A finais da década de 1850, a zona fíxose famosa polas súas granxas, que enviaban produtos lácteos e vexetais a Chicago por ferrocarril.
A pequena cidade foi medrando aos poucos, establecéndose nela un ferreiro, unha queixaría, unha ferretaría e un hotel. Denominouse Arlington Heights en 1887, cando a súa poboación era duns 1 000 habitantes. A maioría eran agricultores, pero a eles uníronse outros homes que traballaban en Chicago, xa que Arlington Heights era un suburbio da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arlington Heights Mayor (Andrew Robinson) Promotes Downtown Revival". usmayors.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2021.
- ↑ "2019 U.S. Gazetteer Files". United States Census Bureau. Consultado o 14 de novembro de 2021.
- ↑ Total Population in Arlington Heights village, Illinois United States Census Bureau. Consultado o 14 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arlington Heights, Illinois |
