Concello de Arjeplog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Arjeplog (municipio)»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 66°02′N 17°57′L / 66.033, -17.950

Concello de Arjeplog
Arjeplogs kommun
Arjeplog - KMB - 16001000407944.jpg
Arjeplog a mediados do s. XX
Arjeplog vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Lappland
Condado Norrbotten
Capital Arjeplog
Área e poboación
Poboación 2 702 habitantes
Censo 2022
Área 14 494,08 km²
Densidade 0,22 hab./km²
Mapa
Arjeplog Municipality in Norrbotten County.png
Outros datos
Web arjeplog.se

Arjeplog é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten,[1] no landskap de Lappland. A súa capital é Arjeplog. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 2 690 habitantes.[2]

No municipio atópanse varias montañas e a paisaxe tamén é rica en lagos. En Arjeplog está tamén o glaciar máis grande de Suecia. As industrias máis importantes son o turismo e as actividades de probas de inverno de automóbiles.

O municipio de Arjeplog é o que menos poboación ten no condado de Norrbotten e o concello perde habitantes. Os socialdemócratas foron o partido máis votado en todas as eleccións e sempre gobernaron no municipio, tanto en solitario como en coalición con outros partidos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio limita ao norte co concello de Jokkmokk, ao leste co de Arvidsjaur e ao sur co de Sorsele. Ao oeste limita cos municipios noruegueses de Fauske, Saltdal e Rana.

O concello de Arjeplog é o cuarto máis grande de Suecia en extensión, sendo un pouco máis grande que o landskap de Escania. Só os municipios de Kiruna, Gällivare e Jokkmokk son máis grandes.

Topografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

O núcleo urbano de Arjeplog está rodeado de auga e montañas. No centro do municipio atópase Öberget, con vistas sobre a localidade, e tamén sobre Renberget e Akkelis. O macizo de Sulitelma no noroeste do concello alberga o glacial máis grande de Suecia, o Sállajiegŋa, e o punto máis alto fo municipio, o Stortoppen, a 1860 metros sobre o nivel do mar.

No concello de Arjeplogs hai 8 727 lagos e cursos de auga, sendo o municipio sueco máis rico en auga. Entre os cursos de auga atópanse os ríos Pite, Skellefte e Laisälven. O lago máis profundo de Suecia, o Hornavan, forma parte do sistema de lagos Skellefteälven. Un interesante lago con rica vida de aves é o Tjålmejaure. Toda a auga do sistema de lagos de Arjeplog é potable.

Flora[editar | editar a fonte]

A flora no concello de Arjeplog está formada principalmente por flora de montaña. Dentro do municipio hai varias plantas protexidas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-03.