Arius arius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arius arius
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Ostariophysi
Orde: Siluriformes
Familia: Ariidae
Subfamilia: Ariinae
Xénero: Arius
Especie: A. arius
Nome binomial
Arius arius
(Hamilton, 1822)
Sinonimia
Véxase o texto
Arius sp. á espera do seu procesamento. Iacarta

.

Arius arius é un peixe actinopterixio da orde dos siluriformes que é a especie tipo da familia dos aríidos e da subfamilia dos ariinos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1822 polo médico, botánico e zoólogo escocés Francis Buchanan-Hamilton,[2][3][4] baixo no nome de Pimelodus arius.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actuamente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3][4]

  • Arius boakeii Turner, 1867
  • Arius buchanani Day, 1877
  • Arius cochinchinensis , 1864
  • Arius falcarius Richardson, 1845
  • Bagrus crinalis Richardson, 1846
  • Pimelodus arius Hamilton, 1822 (basónimo)
  • Pimelodus mong Richardson, 1846
  • Tachysurus arius (Hamilton, 1822)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Hamilton describiuno en 1822, incluíndoo no xénero Pimelodus, da familia dos pimelódidos.[5]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Arius arius é unha especie de augas mariñas e salobres tropicais, demersal e anfídromo.[6]

A especie ten unha distribución indo-pacífica, encontrándose en zonas costeiras desde Paquistán até o sur da China (Hainan, Guangdong e Hong Kong, pasando pola India, Sri Lanka, até Bangladesh, Myanmar, Tailandia, Malaisia (peninsular) e o mar da China Meridional (Camboxa e Vietnam).[1]

Características[editar | editar a fonte]

Arius arius presenta un escudo liso na cabeza, na súa parte anterior, cunha serie de gránulos e rugosidades na parte posterior. A aleta adiposa presenta unha gran mancha negra. A aleta dorsal cun raio espiñento, cun filamento na súa punta. Con de 17 a 22 raios brandos na aleta anal. A liña lateral bifúrcase na base da aleta caudal. O pedúnculo caudal é moderadamente bifurcado. Presenta branquiespiñas na parte posterior de todos os arcos branquiais.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

É común en estuarios, ríos e lagos de auga salobre. Aliméntase principalmente de invertebrados.[8]

Pesca[editar | editar a fonte]

Captúrase principalmente con nasas, e trampas de estacas de bambú, e tamén con anzós en liñas.[8]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Arius arius é unha especie xeneralizada sen que se coñecen grandes ameazas, polo que, polo de agora, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o seu status como LC (depouco preocupante), aínda que pode ser necesario reavaliar esta especie unha vez que se dispoñan de datos empíricos para mostrar o efecto da pesca comercial na poboación mundial.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pal, M. (2012): Arius arius na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 23 de agosto de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Arius arius (Hamilton, 1822) no WoRMS. Consultado o 23 de agosto de 2022.
  3. 3,0 3,1 Arius arius (Hamilton, 1822) no GBIF. Consultado o 23 de agosto de 2022.
  4. 4,0 4,1 Arius arius (Hamilton, 1822) na BioLib. Consultada o 23 de agosto de 2022.
  5. Hamilton, F. (1822): An account of the fishes found in the river Ganges and its branches. Edimburgo & Londres. i-vii + 1-405, Pls. 1-39.
  6. Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Axencia Federal para a Conservación da Natureza. Bonn, Alemaña. ISBN 978-3-7843-3845-3.
  7. Kailola, P. J. (1999): "Ariidae (=Tachysuridae): sea catfishes (fork-tailed catfishes)". pp. 1827-1879, en K. E. Carpenter & V. H. Niem (eds.) FAO species identification guide for fishery purposes. The living marine resources of the Western Central Pacific. Vol. 3. Batoid fishes, chimaeras and bony fishes part 1 (Elopidae to Linophrynidae). Roma: FAO. ISBN 92-5104-302-7.
  8. 8,0 8,1 Jayaram, K. C. (1984): "Ariidae". En W. Fischer & G. Bianchi (eds.) FAO species identification sheets for fishery purposes. Western Indian Ocean fishing area 51. Vol. 1. Roma: FAO.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]