Saltar ao contido

Aristón de Ceos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAristón de Ceos
Biografía
NacementoCeos Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Atenas Editar o valor en Wikidata
Scholarch of the Peripatetic school (en) Traducir
225 a. C. 
 Lico de Trôade (pt) TraducirCritolau (pt) Traducir  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
PeríodoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola peripatética Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLico de Trôade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosCritolau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteРеальный словарь классических древностей по Любкеру
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, (sec:Ariston, literary. 3) Editar o valor en Wikidata

Aristón de Ceos (grego antigo: Ἀρίστων) foi un filósofo peripatético nado en Iulis, na illa de Ceos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi discípulo de Licón, sucesor de Estratón como xefe da escola peripatética arredor do ano -270. Tras a morte de Licón arredor do ano -230, sucedeuno como xefe da escola.

Cicerón di que escribía con gusto e elegancia, pero que non era moi enérxico, cousa que impediu que os seus textos acadasen a publicidade que merecían. Cando Dióxenes Laercio enumera as obras de Aristón de Quíos, di que Panecio e Sosícrates lle atribúen unha gran parte destas obras a Aristón de Ceos[1].