Saltar ao contido

Arias Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArias Muñiz
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XII Editar o valor en Wikidata
Arcediago
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarcediago Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolta de Carnota Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHistoria compostellana Editar o valor en Wikidata

Arias Muñiz, orixinalmente Aria Munincide, foi arcediago da Catedral de Santiago de Compostela no Reino de Galicia do século XI-XII. Aparece citado en fontes coma a Historia compostellana, que o describe coma un habitual axitador político de Santiago de Compostela, lanzando arengas tanto dirixidas ao pobo coma ao clero, chegando a provocar un levantamento popular contra o arcebispo Diego Xelmírez, polo cal foi tachado de conspirador e traidor pola Igrexa.

A revolta de Carnota

[editar | editar a fonte]

Arias Muñiz foi o protagonista tamén da revolta de Carnota, un episodio bélico narrado na Historia Compostelá durante o cal o propio arcediago sufriu unha emboscada polo pobo insurrecto, quen o descabalgou, desposuíu das súas monturas e riquezas e apreixou no Castelo de San Xurxo, no monte Pindo. Só foi liberado despois da intermediación de Diego Xelmírez, quen anatemizou ao conde Rodrigo Pérez de Traba, nobre e tenente do castelo, a quen acusaba da insurrección, e excomungou o monte Pindo, onde mandou gravar unha inscrición que inda pode lerse. [Cómpre referencia]

A consecuencia da resposta do arcebispo, Rodrigo Pérez de Traba prometeu liberar o arcediago, restituílo en todos os seus bens e capturar e entregar á Igrexa aos que participaran na revolta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]