Ariana DeBose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAriana DeBose

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Wilmington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWake Forest-Rolesville High School (en) Traducir
Western Carolina University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación e música Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , cantante , bailarina Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3663196 IBDB: 492907
Twitter: ArianaDeBose Instagram: arianadebose Musicbrainz: fb2aa269-009e-43b5-9423-03617ea300aa Editar o valor em Wikidata

Ariana DeBose, nada en Wilmington, Carolina do Norte, o 25 de xaneiro de 1991, é unha actriz, cantante e bailarina estadounidense. Na 94ª edición dos Premios Oscar, gañou unha estatuíña á mellor actriz secundaria, e máis tamén un premio BAFTA, un Globo de Ouro e o Premio da Crítica Cinematográfica, igualmente na categoría de actriz secundaria, polo papel de Anita na adaptación cinematográfica de West Side Story, dirixida por Steven Spielberg en 2021.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

DeBose naceu en Carolina do Norte. A súa nai, Gina DeBose, é profesora.[1] DeBose aprendeu danza no CC & Co. Dance Complex de Raleigh, Carolina do Norte.[2] O seu pai é afroportorriqueño e a súa nai é branca. DeBose dixo: "Eu preséntome como negra e teño ascendencia afroamericana, mais tamén son en parte italiana".[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

DBose foi descuberta en 2009, cando participou no reality show So You Think You Can Dance, chegando ao "Top 20".[4] Máis tarde, apareceu na novela One Life to Live e interpretou a Inez na produción do North Carolina Theatre de Hairspray antes de ser contratada para o papel de Nautica na produción de Bring It On do Alliance Theatre de 2011. Tamén apareceu no elenco da produción da Orquestra Filharmónica de Nova York de Company, que foi filmada para a televisión.[5] No final de 2011, Bring It On comezou unha xira nacional polos Estados Unidos. DeBose continuou o seu papel na produción de Broadway de 2012, e foi substituta da personaxe Danielle.

Co lanzamento da súa carreira, DeBose interpretou a Mary Wilson en Motown en Broadway en 2013 e como substituta do papel de Diana Ross. DeBose deixou a obra posteriormente para interpretar a Eponine nunha produción rexional de Les Misérables[5] antes de volver a Broadway como unha nobre e xogadora no musical Pippin e substituíndo a protagonista, papel que acabou por asumir durante un curto período en 2014.[5]

Hamilton[editar | editar a fonte]

DeBose deixou Pippin para aparecer como Bullet no espectáculo off-Broadway Hamilton no inicio de 2015. O show pasou a Broadway no final daquel ano e converteuse nunha súpeta sensación. Foi candidta ao premio Astaire pola súa danza na obra.[6]

A Bronx Tale e Summer: The Donna Summer Musical[editar | editar a fonte]

DeBose deixou Hamilton en xullo de 2016 e fixo unha aparición especial na serie de televisión Blue Bloods como Sophia Ortiz, e protagonizou como Daphne o filme de suspense Seaside. Volveu a Broadway en novembro de 2016 como Jane en A Bronx Tale ata agosto de 2017.[7] Tamén presentou o correspondente vlog de Broadway.com, Bronx Bullet, durante oito semanas.[8]

DeBose pasou a interpretar o papel de Disco Donna en Summer: The Donna Summer Musical en San Diego no La Jolla Playhouse no final de 2017. Repetiu o papel en Broadway, estreándoo en abril de 2018.[9] Recibiu unha candidatura ao Tony de 2018 á mellor actriz de musical.[10] Tamén apareceu con frecuencia no 54 Below.

DeBose interpretou a Alyssa Greene na adaptación cinematográfica de The Prom e a Anita na adaptación cinematográfica de 2021 de West Side Story.[11] Por este último papel recibiu o Óscar á mellor actriz secundaria.

En febreiro de 2021, anunciouse que interpretaría a Kira Foster no filme I.S.S.[12][13]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Obra Personaxe Lugar
2011 Bring It On Nautica, u/s Danielle Alliance Theatre
National Tour
2012 St. James Theatre
2013 Motown: The Musical Elenco, Mary Wilson, u/s Diana Ross Lunt-Fontanne Theatre
2014 Pippin Músic principal (u/s, després substitut) Music Box Theatre
2015 Hamilton: An American Musical Repartiment (The Bullet) The Public Theater
Richard Rodgers Theatre
2016 A Bronx Tale Jane Longacre Theatre
2017 Summer: The Donna Summer Musical Disco Donna La Jolla Playhouse
2018 Lunt-Fontanne Theatre

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Obra Personaxe Notas
2018 Seaside Daphne
2020 Hamilton Ensemble/The Bullet
The Prom Alyssa Greene
2021 West Side Story Anita
TBA I.S.S. Kira Foster Posprodución
TBA Argylle En rodaxe

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Obra Personaxe Notas
2016 Blue Bloods Sophia Ortiz Episodio: "The Road to Hell"
Hamilton's America Ela mesma Documental de televisión
2021 Schmigadoon! Emma Tate

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Premios Categoría Traballo Resultado
2016 Premios Astaire Mellor elenco dunha produción de Broadway Hamilton Nomeada[14]
2018 Premios Tony Mellor actriz secundaria dun musical Summer: The Donna Summer Musical Nomeada[15]
Premios Drama League Mellor actuación Nomeada[16]
Premios Chita Rivera Mellor bailarina nunha produción de Broadway Gañadora[17]
2022 Alianza de Mulleres Periodistas de Cine Mellor actuación rompedora do ano West Side Story Nomeada[18]
Asociación de críticos de cine de Austin Mellor actriz secundaria Nomeada[19]
Asociación de críticos de cine de Chicago Mellor actriz secundaria Nomeada[20]
Asociación de Críticos de Cine de Dallas-Fort Worth Mellor actriz secundaria Gañadora[21]
Asociación de Críticos de Cine de Detroit Mellor actriz secundaria Gañadora[22]
Asociación de Críticos de Cine de Florida Mellor actriz secundaria Gañadora[23]
Asociación de Críticos de Cine de Xeorxia Mellor actriz secundaria Gañadora[24]
Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles Mellor actriz secundaria Gañadora[25]
Premios da Crítica Cinematográfica Mellor actriz secundaria Gañadora[26]
Mellor elenco Nomeada
Premios Óscar Mellor actriz secundaria Gañadora[27]
Premios Globo de Ouro Mellor actriz secundaria Gañadora[28]
Premios do Sindicato de Actores Mellor actriz secundaria Gañadora[29]
Premios BAFTA Mellor actriz secundaria Gañadora[30]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "After 'Hamilton,' NC native is up for a Tony for portraying disco queen Donna Summer". News Observer. 8 de xuño de 2018. Consultado o 6 de dexembro de 2020. 
  2. "Bio". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  3. "The star of Donna Summer’s musical on speaking up for queer women of colour". GAY TIMES. 22 de outubro de 2018. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  4. "Ariana DeBose". IMDb. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Ariana DeBose | Playbill". Playbill. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  6. "Hamilton's 'secret' character The Bullet is the musical's most significant". Digital Spy. 3 de xullo de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  7. "Ariana DeBose – Broadway Cast & Staff | IBDB". www.ibdb.com. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  8. "Bronx Bullet: Backstage at A Bronx Tale with Ariana DeBose, Episode 1: Meet the Family!". Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  9. "LaChanze, Ariana DeBose & Storm Lever Will Lead Summer: The Donna Summer Musical to Broadway". Broadway.com. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  10. "Tony Nominations 2018: ‘Mean Girls,’ ‘SpongeBob’ Score Big (Complete List)". Variety.com. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  11. "West Side Story Film Casts Ariana DeBose, David Alvarez, and More". playbill.com. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  12. "‘The Prom’ & ‘West Side Story’ Star Ariana DeBose Joins Space Thriller ‘ISS’". Deadline. 1 de fevereiro de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  13. "Ariana DeBose Lands Role in Space Thriller ISS". Playbill. 1 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  14. Rickwald, Bethany (16 de maio de 2016). "2016 Astaire Award Winners Announced". theatermania.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  15. Nyren, Erin (10 de xuño de 2018). "Tony Award Winners 2018: The Complete List". variety.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  16. Millward, Tom (18 de maio de 2018). "Drama League Awards 2018 - And the Winners are...". newyorktheatreguide.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  17. Redacción. "2018 CHITA RIVERA AWARD NOMINATIONS". chitariveraawards.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  18. Tangcay, Jazz (10 de decembro de 2021). "‘The Power of the Dog, ‘Passing’ Lead Alliance of Women Film Journalists Award Nominations (EXCLUSIVE)". variety.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  19. Whittaker, Richard (4 de xaneiro de 2022). "Austin Film Critics Association Announces 2021 Awards Short Lists". austinchronicle.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  20. Tallerico, Brian (14 de decembro de 2021). "West Side Story Leads the 2021 Chicago Critics Nominees". rogerebert.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  21. Lin, Kristian (20 de decembro de 2021). "DFW Film Critics Call on The Power of the Dog". fwweekly.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  22. "The 2021 Detroit Film Critics Society". detroitfilmcritics.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  23. Hazlett, Allison (22 de decembro de 2021). "2021 FFCC AWARD WINNERS". floridafilmcritics.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  24. "2021 Awards". georgiafilmcritics.org (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  25. Lamphier, Jason (18 de decembro de 2021). "Penélope Cruz, Simon Rex, Drive My Car score top honors at Los Angeles Film Critics Association awards". ew.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  26. Hammond, Pete (13 de decembro de 2021). "Critics Choice Awards Film Nominations Led By ‘Belfast’ And ‘West Side Story’". deadline.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  27. redacción (28 de marzo de 2022). "Los ganadores de los premios Oscar 2022". elpais.com (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  28. Lang, Brent; Moreau, Jordan (13 de decembro de 2021). "Golden Globes 2022: The Complete Nominations List". variety.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  29. Nolfi, Joey (12 de xaneiro de 2022). "2022 Screen Actors Guild Awards nominations: Succession, Ted Lasso dominate, Kristen Stewart snubbed". ew.com (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  30. "Ariana DeBose se hace con el Bafta a mejor actriz secundaria". efe.com (en castelán). 13 de marzo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]