Argyll and Bute
| Earra-Ghaidheal agus Bòd (gd) Argyll & Bute (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Escocia | ||||
| Capital | Lochgilphead (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 85.870 (2019) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6.908,6739 km² | ||||
| Creación | 1 de abril de 1996 | ||||
| ISO 3166-2 | GB-AGB | ||||
| Sitio web | argyll-bute.gov.uk | ||||
Argyll e Bute, en gaélico escocés Earra-Ghaidheal agus Bòd, en lingua scots Argyll an Bute, en inglés Argyll and Bute é unha rexión e condado no oeste de Escocia.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]É o segundo condado máis grande de Escocia por área, con 6.909 km². Ten unha superficie de 1.100 quilómetros cadrados (6.000 millas cadradas), pero unha poboación moi pequena, cunha poboación estimada de 88.166 en en 2011 (13 habitantes/km²). A capital é Lochgilphead / Ceann Loch Gilb, mentres que a cidade máis grande é Helensburgh / Baile Eilidh.
Inclúe parte das Hébridas Interiores, concretamente as illas do sur.
Lindes
[editar | editar a fonte]Limita co océano Atlántico ao oeste, coa rexión das Terras Altas (Highland) ao norte, con Perth e Kinross ao nordés, con Stirling ao leste e con West Dunbartonshire ao sur.
Principais cidades
[editar | editar a fonte]- Helensburgh / Baile Eilidh (a de maior poboación, con 14.220 habitantes)
- Oban / An t-Òban (8.575 habitantes)
- Dunoon / Dùn Omhain (8.251 habitantes)
- Campbeltown / Ceann Loch Chille Chiarain (4.852 habitantes)
- Rothesay / Baile Bhòid (4.637 hab.)
- Lochgilphead / Ceann Loch Gilb (capital, 2.300 hab.)
Historia
[editar | editar a fonte]O antigo reino gaélico de Dál Riata estaba situado principalmente nesta rexión e especificamente en Argyll.
O condado actual formouse en 1996 cando o distrito de Argyll e Bute foi engadido ao condado de Strathclyde.
Está gobernado por un provost, o equivalente escocés a un major inglés.[2]
Medio natural
[editar | editar a fonte]- Parque Nacional do Lago Lomond e os Trossachs: Un dos dous parques nacionais de Escocia. Foi establecido no 2002 e inclúe o Lago Lomond e a cordilleira dos Trossachs.
Illas
[editar | editar a fonte]32 illas forman parte da rexión. Estas son algunhas das que contan con poboación permanente:
| Illa | Área (km²) | Poboación (habitantes) |
|---|---|---|
| Mull / Muile | 875,35 | 2.800 |
| Islay / Íle | 619,56 | 3.228 |
| Xura / Diúra | 366,92 | 196 |
| Bute / Bòid | 122,17 | 6.498 |
| Tiree / Tiriodh | 78,34 | 653 |
| Coll / Cola | 76,85 | 195 |
| Gigha / Giogha |
Gàidhealtachd
[editar | editar a fonte]A rexión era tradicionalmente parte da área de fala gaélica escocesa. Hoxe, a illa de Tiree en particular, é parte do Gàidhealtachd.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Lochgilphead
- Helensburgh.
- Oban.
- Rothesay (Bute).
- Tobermory (Mull).
- Port Ellen (Islay).
- Paps of Jura.
- Castelo de Kilmory.
- Castelo de Stalker.
- Castelo de Kilchurn.
- Castelo de Saddell.
- Castelo de Breachacha (Coll).
- Pazo de Breachacha (Coll).
- Torre de McCaig.
- Destilería de whisky Glen Scotia en Campbeltown.
- Ben Cruachan (1.126m)
- Parque do Lago Lomond e The Trossachs.
- Gruta de Fingal.
- West Highland Way.
- Conxunto megalítico de Ballochroy.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BBC - Alba - Airsplaoid". www.bbc.co.uk. Consultado o 2025-12-31.
- ↑ "A Christmas message from the Provost". www.argyll-bute.gov.uk (en inglés). Consultado o 2025-12-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Argyll and Bute |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés) Argyll e Bute , páxina oficial

