Argumento ad nauseam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un argumento ad nauseam, ou argumentum ad nauseam, é unha falacia na que unha afirmación é reiteradamente prolongada por unha ou máis persoas.[1] A apelación a este argumento implica que unha das partes incita a unha discusión superflua para escapar de razoamentos que non se poden contrarrestar, reiterando aspectos previamente comentados, explicados ou desmentidos.[2]

Termo[editar | editar a fonte]

A expresión ad nauseam é unha locución latina empregada para describir un debate que se prolonga até que unha das partes o abandona por cansazo;[2] a frase alude a algo que continúa até chegar —en sentido figurado— ao punto de producir náuseas.[3] Por exemplo, "Este asunto foi discutido ad nauseam": significa que se discutiu tanto que polo menos unha das partes xa se fartou.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

É un mecanismo común para reforzar lendas urbanas ou teorías conspirativas, repetindo afirmacións verdadeiras ou falsas até que se asentan como parte das crenzas dun individuo ou sociedade, converténdoas en "verdades incontestables".[4]

A súa estrutura funciona do seguinte xeito:

  • A afirma B.
  • B repítese constantemente na conversa.
  • Polo tanto, B acaba converténdose en verdadeira.


Esta falacia provén da falsa crenza de que se alguén se enfada ou dedica tantas enerxías á repetición dunha mensaxe, é porque debe ser máis veraz que a doutro que non se molesta ou pode refutala.

Uso en política[editar | editar a fonte]

Estudos dos anos 70 afirman que a repetición dunha afirmación pode xerar falsos recordos.[5]

Isto pódese observar no debate político, no que o uso desta técnica está presente nos parlamentos de todos os estados democráticos, no que, sumado á reiteración anterior e á negación da discusión, fai que a falsa crenza sexa socialmente aceptada como «verdadeira» sen ningunha análise crítica por parte do individuo xa que a reiteración desa falsidade na súa contorna fai que o individuo a acepte co suposto de que non existe posibilidade de anular esa crenza. Como advertencia contra isto, a cita atribuída ao ideólogo nazi Joseph Goebbels é usada a miúdo: "Unha mentira repetida con suficiente frecuencia eventualmente convírtese na verdade" ou "unha mentira repetida mil veces convértese en verdade".[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kuran, Timur (1997). Leben in Lüge: Präferenzverfälschungen und ihre gesellschaftlichen Folgen (en alemán). Mohr Siebeck. p. 462. ISBN 978-316-146-424-9. 
  2. 2,0 2,1 Schleichert, Hubert (2001). Wie man mit Fundamentalisten diskutiert, ohne den Verstand zu verlieren (en alemán). C.H.Beck. p. 196. ISBN 978-340-642-144-0. 
  3. Ehrlich, Eugene (1985). Amo, Amas, Amat and More (en inglés). Nueva York: Harper & Row, Publishers. 
  4. Francisco José, Sánchez (2010). "Paralogismos y sofismas del discurso político español. La falacia en un corpus de debates parlamentarios" (33): 271–290. ISSN 0210-8178. 
  5. "Making up History: False Memories of Fake News Stories". web.archive.org (abstract arquivado en Wayback Machine) (en inglés). Archived from the original on 31-12-2016. Consultado o 06-06-2022. 
  6. "Cómo los mentirosos crean una ilusión de verdad y cómo evitar caer en su trampa". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2022-06-06. 
  7. Trula, Esther Miguel (2019-12-02). "Goebbels tenía razón: la ilusión de verdad explica por qué una mentira repetida nos acaba pareciendo verdad". Magnet (en castelán). Consultado o 2022-06-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]