Saltar ao contido

Arco de Constantino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco de Constantino
Celio e Roma Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Arcus Constantini (la) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Representa a
 Representado por
 Cultura
 Material / ingrediente
Implicados
 Encargado por
 Dedicado a
Datas
 Período
 Inauguración
25 de xullo de 315 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
312comezo da construción Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
via di San Greogrio, s.n.c. - Roma Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Recoñecemento
Ben cultural de Italia
Códigos e identificadores
Código postal00186 Editar o valor en Wikidata
VIAF247708906 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02p9gg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+39-06-480201 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata G:Commons C:Commons

O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203).

O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores. Foi inaugurado o 25 de xullo de 315 sendo, polo tanto, o máis moderno dos arcos triunfais alzados na Roma Antiga, diferenciándose tamén por estar construído a partir dos materiais de edificios anteriores.

O arco cruza a Vía Triumphalis, a rota que tomaban os emperadores ao entraren na cidade celebrando un desfile. Este itinerario comezaba no Campo de Marte, pasa polo Circo Máximo e arredores do Palatino; inmediatamente despois do Arco de Constantino, a procesión viraría cara á esquerda na Meta Sudans e marcharía pola Vía Sacra até o Foro romano e a cuíña Capitolina, pasando tanto polo Arco de Tito como polo de Septimio Severo.

Durante a Idade Media, o Arco de Constantino foi incorporado a unha das fortalezas familiares da antiga Roma.

En 1530 Lorenzino de Medici foi expulsado de Roma por cortar por diversión cabezas dos relevos do arco, que foron reintegradas parcialmente no século XVIII.

Restaurouse por vez primeira no século XVII e as derradeiras escavacións realizáronse en 1990. En 1960 durante a XVII Olimpíada de Roma, foi testemuña do espectacular triunfo do etíope Abebe Bikila no mítico maratón que correra descalzo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]