Archon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Archon é un videoxogo desenvolvido por Free Fall Associates e distribuído por Electronical Arts orixinalmente para Atari 8-bit en 1983. Fixéronse versións para Apple II, Commodore 64, Amstrad CPC, ZX Spectrum, Amiga, IBM PC, Apple Macintosh e NES.

Archon é un xogo baseado no xadrez onde se representa a eterna loita da luz contra a escuridade, os dous teñen un mesmo obxectivo, conquista-los cinco puntos de poder ou elimina-lo outro bando. Na vez das pezas típicas do xadrez movemos ogros, manticoras, cabaleiros, valquirias ata completar un total de oito especies e 18 pezas por bando. O xogo consiste en dúas pantallas, a primeira é un taboleiro de xadrez onde os bandos manobran por quendas alternativas, cando coinciden dúas figuras pasamos a outra pantalla onde combaten entre eles.