Archidoris pseudoargus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Archidoris pseudoargus
Hoxe: Doris pseudoargus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Orde: Nudibranchia
Suborde: Doridinia
Infraorde: Doridoidei
Superfamilia: Doridoidea
Familia: Dorididae
Xénero: Archidoris (Hoxe= Doris)
Especie: Archidoris pseudoargus (Hoxe: Doris pseudoargus)
Rapp, 1827
Sinonimia
Véxase o texto

Archidoris pseudoargus, hoxe clasificada como Doris pseudoargus,[1] é unha especie de molusco opistobranquio da orde dos nudibranquios, suborde dos doridinios, infraorde dos doridoideos, superfamilia dos Doridoidea e familia dos dorídidos, unha das integradas hoxe no xénero Doris.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1827 polo médico e naturalista de Württemberg Wilhelm Ludwig Rapp no seu traballo:[3]

Rapp, W. L. (1827): "Ueber das Molluskengeschlecht Doris und Beschreibung einiger neue Arten derselben". Nova Acta Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosorum 13 (2): 513-522.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827)
  • Archidoris tuberculata (Müller, 1778) sensu Cuvier, 1804
  • Doris areolata Stuwitz, 1836
  • Doris brittanica G. Johnston, 1838
  • Doris flavipes Leuckart, 1828
  • Doris leuckarti Delle Chiaje, 1841
  • Doris leuckartii Delle Chiaje, 1841
  • Doris mera Alder & Hancock, 1844
  • Doris schembrii Vérany, 1846
  • Doris tuberculata Cuvier, 1804

Distribución[editar | editar a fonte]

Esta especie foi descrita a partir dun espécime recollido en Le Havre, Sena Marítimo, Francia. Un neotipo foi descrito en 2002 baseándose nun exemplar de Locmariaquer, na costa atlántica de Francia.[4] Encóntrase na costa europea, desde Noruega até España, e no mar Mediterráneo desede a xona intermareal até os 300 m de profundidade.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Doris pseudoargus pode alcanzar os 120 mm de lonxitude. Seu corpo é ovalado e algo consistente ao tacto, de xeito semellante ao de Doris verrucosa, aínda que ten os tubérculos pouco diferenciados e máis pequenos, polo que a súa aparencia é de que é liso. O manto presenta unha gran variedade de coloracións; pódemnse encontrar espécimes de cor amarela, rosa, castaña, verde e abrancazada, ás veces salferido de pequenas manchas amarelas, verdes, pardas e vermellas. Os seus rinóforos son curtos e de forma cónica.[5][6][7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmente da esponxa Halichondria panicea.[5]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia encóntrase en todo o litoral, aínda que é pouco común, e vese sobre as eponxas das que se alimenta.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827) no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.
  2. Doris Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.
  3. 3,0 3,1 Doris pseudoargus Rapp, 1827 no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.
  4. Valdés Á. (2002): "A phylogenetic analysis and systematic revision of the cryptobranch dorids (Mollusca, Nudibranchia, Anthobranchia)". Zoological Journal of the Linnean Society. 136: 535-636.
  5. 5,0 5,1 5,2 Hayward, Peter J.; Ryland, John S. (2017). Oxford University Press, ed. Handbook of the Marine Fauna of Noroeste de Europa (2nd ed.). Oxford, Reino Unido. pp. 530–531. ISBN 978-0-1995-4944-3. 
  6. Rudman, W. B. (2001): Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827). Sea Slug Forum. Sidney: Australian Museum.
  7. 7,0 7,1 , Rolán & Otero-Schmitt 1996, p. 142.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]