Arque (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arche (lúa)»)

Arque[1] (ou en grego Αρχή), tamén coñecida coma Xúpiter XLIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2002, e recibiu a designación temporal S/2002 J 1.[2][3]

Arche ten uns 3 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,717 millóns de kms, tarda 746,185 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,149. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome no ano 2005, Arque na mitoloxía grega era segundo algúns escritores gregos unha das catro Musas orixinais, engadida ás tres primeiras e anteriores (Aoede, Melete, e Mneme).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraga, José Carracedo (1999). Diccionario latín-galego (en latín). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-318-2. 
  2. IAUC 8035: S/2002 J 1 18 de decembro do 2002 (descubrimento)
  3. MPEC 2002-Y22: S/2002 J 1 18 de decembro do 2002 (descubrimento e efemérides)
  4. IAUC 8502: Satellites of Jupiter 30 de marzo do 2005 (bautizando a lúa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]