Arawanna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arawanna foi un reino que se formou durante a crise de Hatti (séculos -XVI--XV con Mitanni no seu punto de máximo poder), na rexión do Alto Éufrates e a futura Armenia. Foi sometido polo rei hitita Tudhaliyas II sobre o -1400.

Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta contra os hititas. Suppiluliumas, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.

Mursilis II, que estaba na terra de Samuha, na cidade de Ziulila (ao leste de Hattusa) atacou Arawanna sobre o -1320 / -1310 en represalia porque os habitantes atacaran a terra de Kasiya. Vitorioso, retornou á capital.