Saltar ao contido

Aratinga de testa azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aratinga de testa azul

Thectocercus acuticaudatus neumanni
in San Isidro in Bolivia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Familia: Psittacidae
Xénero: Thectocercus
Ridgway, 1912
Especie: Thectocercus acuticaudatus
(Vieillot, 1818)

Sinonimia

Aratinga acuticaudata
Psittacara acuticaudatus

A aratinga de testa azul[2] (Thectocercus acuticaudatus) é un pequeno papagaio neotropical con cabeza azul e bico claro, nativo de gran parte de Suramérica, desde o leste de Colombia a Curaçao no sur do Caribe, e ata a rexión norte da Arxentina. É a única especie do xénero Thectocercus. Vive en hábitats de tipo sabana, bosques e marxes de bosques, pero evita as selvas densas e húmidas como as do Amazonas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Aínda que T. acuticaudatus é a única especie do xénero monotípico Thectocercus,[3] esta especie ten cinco subespecies:[4]

  • Thectocercus acuticaudatus (Vieillot 1818)
    • Thectocercus acuticaudatus acuticaudatus (Vieillot 1818)
    • Thectocercus acuticaudatus haemorrhous (Spix 1824)
    • Thectocercus acuticaudatus koenigi (Arndt 1995)
    • Thectocercus acuticaudatus neoxenus (Cory 1909)
    • Thectocercus acuticaudatus neumanni (Blake e Traylor 1947)

Anteriormente, esta especie clasificábase dentro do xénero Aratinga, pero este foi dividido en catro xéneros unha vez que varios estudos filoxenéticos mostraron que o xénero, como se definía tradicionalmente, era polifilético.[3]

A IUCN usa para esta especie o nome sinónimo Psittacara acuticaudatus.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Mascota
Mascota

A aratinga de testa azul é unha ave de tamaño medio que mide aproximadamente 37 cm de longo e pesa entre 140 e 190 g.

Estas aves cando nacen teñen cabezas vermellas, pero son predominantemente verdes no corpo e con azul apagado na testa, píleo, meixelas e oídos na subespecie nomeada, pero con menos azul noutras subespecies. Teñen un anel de pel branca sen plumas arredor de cada ollo, aínda que este é amarelo-laranxa brillante nos exemplares silvestres de T. acuticaudata neumanni.[5] As plumas do peito poden tamén ser de cor azul, aínda que o máis común é que o teñan verde ou verde amarelado. As ás dobradas teñen a mesma cor verde do corpo, mentres que se as abren mostran unha cor marrón azulada, que pasa a castaño nas plumas de voo exteriores. As plumas da cola son verdes na parte dorsal e marróns ou marróns avermelladas na ventral, iridescendo a laranxa brillante e escarlata baixo luz de espectro completo. As patas son marróns rosadas con gadoupas marróns agrisadas. A mandíbula superior é de cor corno, e adelgázanse ata ser case como unha agulla na punta de cor negra agrisada. Nas subespecies meridional, occidental, nomeada e neumanni, a mandíbula inferior é de cor corno nos exemplares novos, que se esvaece a negro agrisado no seu segundo ano de vida. As restantes subespecies oriental, central e setentrional manteñen a cor corno na mandíbula inferior de adultos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A aratinga de testa azul nidifica nun burato nunha árbore. Os ovos son brancos en número de tres ou cato nunha posta. As femias incuban os ovos durante 26 días e os pitos empluman 52 días despois da eclosión.[6]

Avicultura

[editar | editar a fonte]

Son aves sociais e falan relativamente ben comparados con outros papagaios.[6] Convertéronse en mascotas bastante populares, e teñen a reputación de seren os papagaios "máis fáciles" de coidar. Porén, son tamén intelixentes, moi enerxéticos e cómpre prestarlles moita atención e proporcionarlles unha gaiola con amplo espazo e xoguetes. Poden ser tamén bastante ruidosos ás veces. En consecuencia, son compañeiros máis apropiados para entusiastas das aves serios que para donos de aves casuais.

Na ficción

[editar | editar a fonte]

Unha aratinga de testa azul falador foi a estrela da película familiar Paulie. No filme, Paulie, o personaxe principal foi representado por 14 exemplares diferentes.[7]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018). "Psittacara acuticaudatus". IUCN Red List of Threatened Species 2018: e.T22685648A132058639. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22685648A132058639.en. Consultado o 12 de decembro de 2023.  Parámetro descoñecido |doi-access= ignorado (Axuda)
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. 3,0 3,1 Remsen, Jr., J.V.; Schirtzinger, E.E.; Ferraroni, Anna; Silveira, Luís Fábio; & Wright, Timothy F. (24 abril de 2013). DNA-sequence data require revision of the parrot genus Aratinga (Aves: Psittacidae). Zootaxa 3641(3): 296–300. doi: 10.11646/zootaxa.3641.3.9
  4. "Zoological Nomenclature Resource: Psittaciformes (Version 10.002)". www.zoonomen.net. 2010-01-12. 
  5. Ardeola: Photo of wild T. acuticaudata neumanni.
  6. 6,0 6,1 Alderton, David (2003). The Ultimate Encyclopedia of Caged and Aviary Birds. Londres, Inglaterra: Hermes House. p. 193. ISBN 1-84309-164-X. 
  7. "Paulie (1998)". Humane Hollywood. Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]