Aras sextianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As aras sextianas son tres aras mandadas construír polo xeneral romano Sextius arredor do ano 19 a.C. como monumento ao emperador Augusto. Nelas conmemorábanse as vitorias das lexións romanas nas últimas campañas das guerras galaico-cántabro-ástures.

Foron mencionadas en diversos testemuños históricos escritos sobre o noroeste da Península Ibérica por historiadores romanos como Estrabón, Mela, Tolomeo ou Plinio.