Arante, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arante
Igrexa das Virtudes na Ponte.
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°29′26″N 7°10′48″O / 43.4904782, -7.18007264Coordenadas: 43°29′26″N 7°10′48″O / 43.4904782, -7.18007264
Área14,09 km²
Poboación183 hab. (2020)
Densidade12,99 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Arante é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo e eclesiasticamente ó arciprestado da Ría de Abres. Segundo o censo en 2004 tiña 271 habitantes, agrupados en 8 entidades e 5 lugares, cunha densidade media 19,2 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 204 habitantes, sendo 86 homes e 118 mulleres.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é arantego[2].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Covelas, Cedofeita, Vidal e A Fórnea (Trabada) e Vilamartín Pequeno (Barreiros); tamén limita cara ao norte cos montes de Penalonga e o Monte Mondigo. Entre os seus regatos e río destacan o Lexoso (cara ao nordeste) e o Arante (que fai de entronque co anterior e que, dirixíndose o sur, pasará a chamarse río Grande).

Aínda que é unha das parroquias máis montañosas de Ribadeo cunha altitude media de 440 m, ten dous vales: o sector central, regado polo río Arante e o sector norte, regado polo río Lexoso (que é onde vive a meirande parte da poboación).

As entidades de poboación son O Barredal (27), Os Bestilleiros (23), Cei (44), Cima de Vila (17), Fondo de Vila (23), A Ponte (14), Remourelle (98) e Vilamariz (25). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son Os Fornos, A Madanela, As Pereiriñas, Portobragán e Rego de Mel.

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Padrón a comezos do século XXI

Arante presenta unha tendencia ó despoboamento a comezos do século XXI:[3]

Total homes mulleres
2018 195 84 111
2017 194 83 111
2016 196 85 111
2015 195 84 111
2014 204 86 118
2013 203 88 115
2012 216 96 120
2011 225 101 124
2010 239 110 129
2009 244 108 136
2008 243 104 139
2007 246 105 141
2006 256 114 142
2005 265 120 145
2004 271 124 147
2003 278 126 152
2002 289 132 157
2001 297 135 162
2000 313 142 171

Historia[editar | editar a fonte]

A ponte de Arante despois da riada de 2010

A parroquia de Arante aparece citada en varias ocasións no libro de Francisco Lanza Ribadeo Antigo, referíndose a existencia dun castro levantado sobre un montículo natural. A parroquia recibe o seu nome do río Arante que flúe ó pé do seu val.[4] Este nome está formado pola raíz indoeuropea Ar (correr, fluír), e polo sufixo 'ante', co sufixo -nt- moi frecuente en formacións prerromanas de raíces hidronímicas (hidronimia paeloeuropea)[5], como Serantes, Amarante etc. A parroquia está documentada como Alanti.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Pedro de Arante é do século XVIII. Dispón dunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No seu interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico.

Na aldea da Ponte está o santuario da Nosa Señora das Virtudes. No barrio de Remourelle está a capela de Santa María Madalena.

En Arante consérvase o Castro da Aira da Croa,[6]

Festas[editar | editar a fonte]

A festa patronal, na honra de San Pedro, é o 29 de xuño, celebrándose cunha pequena procesión. A romaría das Cruces ten lugar sete semanas despois da Semana Santa. É unha pequena romaría e procesión na que se levan sete cruces de sete parroquias distintas, (que simbolizan as sete parroquias orixinarias do concello). O 21 de agosto celébrase a Festa da Magdalena.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arante[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo)

O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz

Parroquias de Ribadeo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Varela Aenlle, C. X. (2021). Dicionario do Galego de Asturias. Universidade de Vigo. p. 72. ISBN 978-84-8158-897-2. 
  3. "INEbase / Demografía y población /Padrón. Población por municipios /Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por unidad poblacional / Resultados". www.ine.es. Consultado o 2019-01-23. 
  4. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  5. Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf
  6. Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]