O Ara glaucogularis, anteriormente Ara caninde,[1] é un guacamaioendémico dunha pequena área do norte e centro de Bolivia, coñecida como os Llanos de Moxos. Esta especie está considerada como patrimonio de Bolivia, e as estimacións recentes de poboación suxiren que entre 350 e 400 individuos viven aínda en liberdade. A principal causa da súa mingua é a captura para o comercio de mascotas. Está considerado en perigo crítco e está protexido por leis anticomercio.