Aqua (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aqua
Representación artística do satélite Aqua.
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento4 de maio de 2002[1][2][3]
Foguete portadorDelta II 7920[2][4][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudo da interacción entre os océanos e as masas continentais da Terra.[2]
NSSDC ID2002-022A
Masa3117 kg[2][4]
Dimensións4,81 m x 16,7 m x 8,04 m (despregado)[6]
Potencia4444 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7080,6 km[1]
Inclinación98,2 graos[1]
Apoapse710,5 km[1]
Periapse708,8 km[1]
http://aqua.nasa.gov/

Aqua (do latín aqua, que significa auga), tamén denominado EOS PM-1, é un satélite artificial da NASA e instrumentación con colaboración internacional. Aqua foi lanzado o 4 de maio de 2002 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta II 7920 a unha órbita terrestre.[1][2][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Aqua consiste en estudar as precipitacións, evaporación e o ciclo da auga da Terra. O satélite é o segundo compoñente principal do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System, EOS) da NASA. Foi precedido polo satélite Terra (lanzado en 1999) e seguido por Aura (lanzado en 2004).

Aqua segue unha órbita heliosincrónica e cruza o ecuador na tarde local.[2] Na súa órbita vai diante do chamado A-train (tren A), un conxunto de satélites de observación terrestre (Aura, CALIPSO, CloudSat e PARASOL) que voa en formación. O satélite usa hidracina como propelente.[6]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

Aqua leva seis instrumentos para a observación da auga nas súas distintas formas na superficie e na atmosfera terrestre:

  • AMSR-E (Advanced Microwave Scanning Radiometer-EOS): mide as propiedades das nubes, a temperatura da superficie mariña, a velocidade do vento en superficie e o fluxo de enerxía radiativo. Proporcionado pola NASDA xaponesa. Deixou de funcionar en outubro de 2011.[4]
  • MODIS (Moderate Resolution Imaging Spectroradiometer): mide as propiedades das nubes e o fluxo de enerxía radiativo, así como as propiedades dos aerosois, da cobertura do solo e os cambios nos usos da terra. Un instrumento idéntico voa a bordo do satélite Terra.
  • AMSU-A (Advanced Microwave Sounding Unit): mide a temperatura e humidade da atmosfera.
  • AIRS (Atmospheric Infrared Sounder): mide a temperatura e humidade da atmosfera, así como as temperaturas da superficie terrestre e mariña.
  • HSB (Humidity Sounder for Brazil): usa a banda VHF para medir a humidade atmosférica. Proporcionado polo Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais do Brasil.
  • CERES (Clouds and the Earth's Radiant Energy System): mide o fluxo de enerxía radiativa en banda larga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AQUA" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Aqua" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2011. 
  3. "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations(Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (V.02-58657 (E)). 9 de outubro de 2002. Consultado o 5 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "EOS-PM 1 (Aqua)" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta 7920-10L" (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "Aqua" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]