Apteeker Melchior
| Apteeker Melchior | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Lingua orixinal
| |
|
Cor
| |
| Autoría | |
|
Director/a
| |
|
Compositor/a
| |
|
Guionista
| |
|
Director/a fotografía
| |
|
Deseñador/a son
| |
|
Editor/a de cine
| |
|
Deseñador/a produción
| |
|
Deseñador/a vestiario
| |
|
Maquillador/a
| |
|
Actores
Märten Metsaviir
Helgur Rosental Aleksandr Popov Martin Mill Hendrik Toompere Ken Rüütel Sten Zupping Juris Strenga Mait Malmsten Kristjan Sarv Jaan Pehk Gatis Gāga Martin Kork Marko Matvere Alo Kõrve Maarja Johanna Mägi Andero Ermel Henessi Schmidt Siim Kelner Franz Malmsten Amanda Hermiine Künnapas Volli Käro | |
| Temática | |
|
Ambientado en
| |
|
Baseado en
| |
|
Inspirado na obra de
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
15 de abril de 2022 (Estonia) | |
|
País de orixe
| |
|
Produtor/a executivo
| |
|
Distribuidor/a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Sucedido por
| |
| Dimensións | |
|
Duración
| |
| Localizacións | |
|
Localización rodaxe
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
Apteeker Melchior é un filme estoniano de 2022 dirixido por Elmo Nüganen.[1] É o primeiro título da triloxía cinematográfica de Melchior, baseada nas novelas de Indrek Hargla. Está protagonizado por Märten Metsaviir no papel do boticario Melchior Wakenstede, que resolve crimes no Talín medieval.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Märten Metsaviir como Melchior Wakestende
- Maarja Johanna Mägi como Keterlyn Wakenstede
- Alo Kõrve como Wentzel Dorn
- Siim Kelner como Clingenstain
- Ken Rüütel como Hinric o monxe
- Marko Matvere como Spanheim
- Martin Kork como Martin
- Mait Malmsten como Rode
- Kristjan Sarv como Rinus
- Andero Ermel como Freisinck
- Franz Malmsten como Kilian
- Henessi Schmidt como Hedwig
- Hendrik Toompere Jr. como Casendrope
- Jaan Pehk como Ditmar
- Gatis Gaga como Ludeke
- Liis Maria Kaabel como Valge Akrobaat
- Loora-Eliise Kaarelson como moza na sala do xulgado
- Amanda Hermiine Künnapas como serva
Produción
[editar | editar a fonte]As localizacións de rodaxe en Talín inclúen o mosteiro de Santa Catarina, os Xardíns do Rei de Dinamarca, Raekoja plats e a rúa Pikk Jalg. Tamén se filmaron algunhas escenas no Castelo de Kuressaare.[2]
A segunda parte da triloxía, Apteeker Melchior. Viirastus, estreouse en agosto de 2022, e a terceira Apteeker Melchior. Timuka tütar en outubro dese mesmo ano. É a primeira vez na historia do cinema de Estonia que se estrea unha triloxía enteira nun só ano natural.[3]
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme íase estrear en outubro de 2021, mais adiouse até abril de 2022 por mor da pandemia de COVID-19.[4]
É un dos filmes máis exitosos da historia do cinema de Estonia, con 125.500 entradas vendidas até o 31 de agosto de 2022. É un dos 11 filmes de Estonia que vendeu máis de 100.000 entradas dende que Estonia restabeleceu a independencia.[5][6] Tamén tivo unha estrea limitada en Vantaa, Finlandia, e o produtor Veiko Esken declarou que a resposta foi tan positiva que tamén proxectarían as secuelas en Vantaa.[7][8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ First 'Melchior the Apothecary' film off to successful start in Estonia ERR News, 22.04.2022
- ↑ Filming of "Apothecary Melchior" closes roads in Tallinn's Old Town ERR News, 18.09.2020
- ↑ Box office: 'Melchior' draws more than 57,000 moviegoers and counting ERR News, 25.04.2022
- ↑ 'Melchior the Apothecary' release delayed until spring ERR News, 13.01.2022
- ↑ Global Screen Picks-up Melchior the Apothecary Trilogy Film New Europe, 31.08.2022
- ↑ "Apteeker Melchioril" täitus 100 000 vaatajat ERR News, 23.05.2022
- ↑ Detektiivisaaga ulatub Eestist kaugemale: apteeker Melchior jõudis Soome Postimees, 19.08.2022
- ↑ “Apteeker Melchior. Viirastus” jõudis Soome Geenius, 18.08.2022