Apsines de Gádara
Apsines de Gádara | |
---|---|
Nacemento | c. 190 |
Lugar de nacemento | Gadara |
Falecemento | c. 250 |
Ocupación | orador e político |
Fillos | Onésimo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Apsines de Gádara (en grego Ἀψίνης) foi un sofista e retórico grego do século III orixinario de Gádara en Fenicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Floreceu no goberno de Maximino cara ao ano 235. Estudou en Esmirna e Nicomedia. Ensinou retórica en Atenas, onde foi amigo de Filóstrato, quen eloxiou a forza da súa palabra e a memoria que tiña, e onde discutiu con Frontón de Emisa. Foi tan distinguido que obtivo a dignidade consular.
As súas obras destacan dous tratados de retórica:
- Περὶ τῶν μέρων τοῦ πολιτικοῦ λόγου τέχνη, da que se conserva un fragmento moi interpolado e non se pode dicir que parte era realmente de Apsines.
- Περὶ τῶν ἐσχηματισμένων προβλημὰτων, unha obra moi breve sobre proposicións[1].