Saltar ao contido

Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras (AICLE; en inglés Content and Language Integrated Learning, CLIL) é unha corrente da lingüística aplicada e pedagóxica que propugna que, nos contextos escolares, existe un maior éxito na aprendizaxe das linguas usándoas como linguas instrumentais, por exemplo para aprender historia ou as ciencias, que por medio dos currículos funcionais que as tratan dun xeito illado e en situacións forzadas ou inventadas como materias independentes e específicas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A investigación neste eido demostrou tamén que o plurilingüismo na escola, aproveitando os recursos, estratexias e destrezas que desenvolve o alumno cando aprende unha lingua ou materia, a través dos currículos integrados das linguas e áreas non lingüísticas, contribúe de maneira eficaz ao desenvolvemento dunha competencia comunicativa en linguas que optimiza e facilita as aprendizaxes posteriores.

O enfoque AICLE baséase en dous alicerces:

  1. a motivación na aprendizaxe é intrínseca, xa que axiña o alumno atopa a utilidade no obxecto da aprendizaxe
  2. A lingua é auténtica, en situacións reais e non forzadas.

Educación bilingüe ou plurilingüe

[editar | editar a fonte]

O concepto de AICLE non se limita á combinación de lingua materna con lingua estranxeira, senón á aprendizaxe escolar combinada de lingua materna con outra lingua estranxeira, local, minoritaria ou cooficial.[1][2] Como consecuencia do éxito destas teorías, son moitas as autoridades educativas as que se están expondo a introdución de modelos de educación bilingüe na escola e o fomento da elaboración de currículo que integren todas as linguas e estas coas áreas non lingüísticas.

O beneficio que reportará o currículo integrado das linguas e as áreas non lingüísticas é que o vencello que se establece entre as diferentes áreas do coñecemento, ademais de achegar coherencia metodolóxica á ensino e aprendizaxe, eliminará as duplicacións e as redundancias e permitirá o reforzo entre as diferentes materias. Ademais, lograrase formar a persoas que sexan quen de entender, falar, ler e escribir, con distintos niveis competenciais, un determinado número de linguas e que poidan enriquecer o seu desigual repertorio lingüístico ao longo de toda a vida.

Metodoloxía CLIL en Galicia

[editar | editar a fonte]

No caso da metodoloxía de aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras, máis coñecida polas súas siglas como CLIL, é unha estratexia amplamente utilizada na educación para aumentar a competencia lingüística dos estudantes, debido ás demandas actuais de manexo dunha lingua. en común no mundo globalizado actual, co propósito de crear unha cidadanía plurilingüe con competencia intercultural.

A metodoloxía CLIL é un enfoque que permite aumentar a competencia lingüística noutros idiomas, a miúdo o inglés. En Galicia estableceuse desde 2002, cun plan experimental que comeza en 1999 na educación secundaria, esténdese aos dous primeiros cursos da ESO e ciclos de FP en 2005 e esténdese a primaria no curso 2006-2007.

Esta expansión do método CLIL é máis evidente en centros privados e subvencionados. Non obstante, se falamos do número de centros educativos que teñen seccións bilingües, as institucións públicas son as primeiras, cun total de 408 centros, fronte aos 74 do ensino privado. Dun total de 1005 centros públicos en Galicia e 310 centros privados, respectivamente. Converteuse nunha das metodoloxías educativas con maior crecemento na actualidade debido aos beneficios lingüísticos que proporcionará ao estudantado a longo prazo na súa formación universitaria e na posible oferta de emprego.

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Calleja, C. e Rodríguez, M. (2015). A evolución da aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras (CLIL) en Galicia. Revista de Estudos e Investigación en Psicoloxía e Educación, (9): 1-4.