App Store (macOS)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
macOS App Store | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Apple Inc. |
Publicación inicial | 6 de xaneiro de 2011 |
Sistema operativo | macOS |
Plataforma/s | Distribución dixital Tenda en liña |
Sitio web | www |
A App Store (tamén coñecida como macOS App Store) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións para macOS, desenvolvida por Apple Inc. Foi anunciada o 20 de outubro de 2010 no evento Back to Mac e lanzouse oficialmente o 6 de xaneiro de 2011.[1] Apple comezou a recibir solicitudes de aplicacións de desenvolvedores rexistrados o 3 de novembro do 2010.[2]
Mac App Store lanzouse o 6 de xaneiro do 2011 como parte da actualización gratuíta 10.6.6 de Mac OS X Snow Leopard. Despois de 24 horas de lanzamento, Apple anunciou que había máis dun millón de descargas.
O 4 de xuño de 2018, Apple anunciou unha nova versión da App Store para macOS Mojave[3].
Características
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que as App Store para o iPhone e para o iPad, a Mac App Store mantívose sempre actualizada. Os desenvolvedores teñen a posibilidade de agregar novas funcións a súas aplicacións para mellorar o seu funcionamento ou agregar novas funcións. Esta plataforma é un modelo adaptado que provén da App Store para dispositivos iOS e que permite aos usuarios:
- Comprar, descargar e instalar - A habilidade de comprar, descargar e instalar aplicacións.
- Volver a descargar - Instalar aplicacións previamente compradas outra vez nos equipos de Apple.
- Actualizar - A posibilidade de actualizar unha ou varias aplicacións ao mesmo tempo.
Restriccións
[editar | editar a fonte]Ao igual que a App Store móbil, a Mac App Store é regulada e supervisada por Apple. As aplicacións deben pasar por un proceso de aprobación antes de estar dispoñibles. Apple non acepta:[4][5]
- Programas que cambien a interface nativa ou o comportamento do sistema.
- Programas que non cumpran coas normas de interface da Apple Macintosh Human Interface.
- Programas similares en aparencia ou funcionamento a produtos de Apple (Mac App Store, Finder, iTunes, iChat etc..)
- Programas similares a outros que se atopen dispoñibles na App Store.
- Programas que conteñan ou mostren contido para adultos.
- Programas que instalen compoñentes compartidos (extensións de kernels, complementos de navegador, complementos para QuickTime etc..)
- Programas que provexan de contidos ou servizos.
- Versións beta, demos e probas.
- Programas que utilizan tecnoloxías obsoletas como Java o PowerPC software (o cal require Rosetta).
Clasificación das aplicacións
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que en iOS, Apple clasifica as aplicacións en todo o mundo en función do seu contido e determina o grupo de idade apropiado, macOS permite o bloqueo de aplicacións inaceptables nas preferencias do sistema. As seguintes son as clasificacións:
Clasificación | Descrición |
---|---|
4+ | Non contén material desagradable. |
9+ | Pode contér situacións leves o infrecuentes da violencia realista, fantástica o en debuxos animados, e contido suxestivo, maduro o de terror que pode non ser apropiado para menores de 9 anos. |
12+ | Pode conter linguaxe non apropiada leve ou infrecuente, violencia realista, fantástica o en debuxos animados frecuente, e contido maduro o suxestivo leve o non frecuente, e xogos de azar simulados que poden non ser apropiados para menores de 12 anos. |
17+ | Pode incluír contido maduro, suxestivo o de terror intenso e frecuente; máis contido sexual ou de xente espida, alcohol, tabaco, e drogas que pode non ser apropiado para menores de 17 anos. Os consumidores deben ter canto menos 17 anos para comprar aplicacións con esta clasificación. Sempre que unha aplicación con esta clasificación sexa descargada, se mostrará un mensaxe preguntando se o usuario ten 17 anos o máis. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apple Mac App Store: aberto para empresas a partir do 6 de xaneiro". Engadget (en inglés). 16 de decembro de 2010. Consultado o 5 de xullo de 2010.
- ↑ "Apple agora acepta envíos para Mac App Store". MacAppStoreReview (en inglés). 3 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2010. Consultado o 05 de xullo de 2020.
- ↑ "Apple está rediseñando a Mac App Store en macOS Mojave". The Verge (en inglés). 4 de xuño de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "A Mac App Store: o diablo estará nos detalles". Macworld (en inglés). 23 de octubro de 2010. Consultado o 5 de xullo de 2010.
- ↑ "Apple publica pautas de revisión para Mac App Store". AppleInsider (en inglés). 20 de octubro de 2010. Consultado o 5 de xullo de 2020.