Apolipoproteína C1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Apolipoproteína C-I»)
APOC1
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímboloAPOC1 (HGNC: 607)
Identificadores
externos
LocusCr. 19 q13.32
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
341 n/a
Ensembl
Véxase HS n/a
UniProt
P02654 n/a
RefSeq
(ARNm)
NM_001645 n/a
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001307994 n/a
Localización (UCSC)
Cr. 19:
44.91 – 44.92 Mb
n/a
PubMed (Busca)
341


ApoC-I
estudos estruturais da proteína plasmática inhibidora da colesteril éster transferase de babuíno (Papio sp.).
Identificadores
SímboloApoC-I
PfamPF04691
InterProIPR006781
SCOPe1ale / SUPFAM

A apolipoproteína C1 (tamén apolipoproteína C-I ou ApoC-I, entre outros nomes) é un compoñente proteíco das lipoproteínas que nos humanos está codificado no xene APOC1 do cromosoma 19.[1][2]

Función[editar | editar a fonte]

A proteína codificada por este xene pertence á familia da apolipoproteína C. Este xene exprésase principalmente no fígado e é activado cando os monocitos se diferencian en macrófagos. Atopáronse variantes de transcrición de empalme alternativo deste xene, pero non se determinou a validez biolóxica dalgunhas variantes.[3]

A apolipoproteína C1 ten unha lonxitude de 57 aminoácidos, encóntrase normalmente no plasma e é responsable da activación do lecitín colesterol esterificado cun importante papel no intercambio de colesterol esterificado entre distintas lipoproteínas e na eliminación do colesterol dos tecidos. A súa principal función é a inhibición da proteína de transferencia de ésteres do colesterol (CETP), probablemente ao alterar a carga eléctrica de moléculas de HDL.

Durante o xexún (igual que ocorre con outras apolipoproteínas C), encóntrase principalmente nas HDL, pero despois dunha comida encóntrase na superficie doutras lipoproteínas. Cando se degradan proteínas ricas en triglicéridos como os quilomicrons e as VLDL, esta apolipoproteína é transferida de novo ás HDL. É unha das proteínas con máis cargas positivas do corpo humano.

Pseudoxene[editar | editar a fonte]

Localizouse un pseudoxene deste xene a 4 kb augas abaixo do xene da APOC1 coa mesma orientación no cromosoma 19, e os dous forman parte do mesmo agrupamento de xenes de apolipoproteínas. Este pseudoxene, do que tamén se informou que estaba presente nos denisovanos e neandertais, orixinouse en dous episodios separados. Despois da diverxencia dos monos do Novo Mundo da liñaxe humana, o xene APOC1 sufriu unha duplicación. Os monos do Vello Mundo e os grandes simios non humanos teñen os dous xenes activos. Neles, un dos duplicados codifica unha proteína básica designada apoC-IB que é ortóloga da apolipoproteína C1 humana. O outro codifica unha proteína ácida chamada apoC-IA, que é ortóloga da proteína virtual que estaría codificada no pseudoxene. O evento de pseudoxenización ocorrido nalgún momento entre a diverxencia dos bonobos e os chimpancés da estirpe humana e a aparición dos denisovanos e os neandertais. O pseudoxene débese a un cambio nun só nucleótido no codón do penúltimo aminoácido, que é a glutamina, na secuencia sinal, orixinando como resultado un codón de stop.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tata F, Henry I, Markham AF, Wallis SC, Weil D, Grzeschik KH, et al. (1985). "Isolation and characterisation of a cDNA clone for human apolipoprotein CI and assignment of the gene to chromosome 19". Human Genetics 69 (4): 345–9. PMID 2985493. doi:10.1007/BF00291654. 
  2. Smit M, van der Kooij-Meijs E, Frants RR, Havekes L, Klasen EC (xaneiro de 1988). "Apolipoprotein gene cluster on chromosome 19. Definite localization of the APOC2 gene and the polymorphic Hpa I site associated with type III hyperlipoproteinemia". Human Genetics 78 (1): 90–3. PMID 2892779. doi:10.1007/BF00291243. 
  3. "Entrez Gene: APOC1 apolipoprotein C-I". 
  4. Puppione DL, Ryan CM, Bassilian S, Souda P, Xiao X, Ryder OA, Whitelegge JP (marzo de 2010). "Detection of two distinct forms of apoC-I in great apes". Comparative Biochemistry and Physiology. Part D, Genomics & Proteomics 5 (1): 73–9. PMC 2830554. PMID 20209111. doi:10.1016/j.cbd.2009.12.003. 
  5. Puppione D, Whitelegge JP (outubro de 2013). "Proteogenomic Review of the Changes in Primate apoC-I during Evolution". Frontiers in Biology 8 (5): 533–548. PMC 5528196. PMID 28757862. doi:10.1007/s11515-013-1278-7. 
  6. Puppione DL (setembro de 2014). "Higher primates, but not New World monkeys, have a duplicate set of enhancers flanking their apoC-I genes". Comparative Biochemistry and Physiology. Part D, Genomics & Proteomics 11: 45–8. PMID 25160599. doi:10.1016/j.cbd.2014.08.001. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Localización no xenoma humano de APOC1 e páxina con detalles sobre o xene APOC1 no UCSC Genome Browser.
  • PDBe-KB resume toda a información sobre estruturas dispoñible en PDB para a apoliporptoeína C1 humana