Apocrisiario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un apocrisiario (do grego ἀποκρισιάριος apokrisiários) era un alto cargo diplomático durante a Alta Idade Media. O seu equivalente moderno é embaixador ou nuncio.

O apocrisiario era un clérigo que actuaba como representante dun Patriarca ante o emperador de Bizancio, aínda que o título se utilizaba tamén para facer referencia ao representante dun arcebispo metropolitano na corte do seu correspondente Patriarca, en Constantinopla, Alexandría, Antioquía ou Xerusalén.

Os apocrisiarios máis soados foron os enviados desde 452 até 743 polo Papa, como Patriarca de Roma, a Constantinopla, a capital do Imperio Bizantino, ou Imperio Romano de Oriente. Este posto foi desempeñado por clérigos notábeis, como os futuros papas Gregorio I, Sabiniano, Bonifacio III e Martiño I. Tamén había un apocrisiario do Papa na corte do exarca de Rávena. En contrapartida, polo menos durante o papado de Gregorio I, o arcebispo de Rávena tivo un "responsalis" especial na corte papal.

Desde os tempos de Carlomagno na corte dos reis francos houbo apocrisiarios, pero eran só arquicapeláns reais, aínda que ostentasen o título dos antigos enviados papais.

Lista de apocrisiarios papais en Constantinopla (452-743):