Aplodontíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aplodontíidos
Aplodontiidae

Rango fósil: Oligoceno - Actualidade

Aplodontia rufa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Sciuromorpha
Familia: Aplodontiidae
Brandt, 1855
Xénero, Especie e Subespecies
Vexase o texto
Sinonimia
Vexase o texto

A dos aplodontíidos (Aplodontiidae) é unha familia de mamíferos da orde dos roedores, unha das tres incluídas na suborde dos esciuromorfos.[1]

Na actualidade a familia comprende un só xénero cunha única especie.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1855 polo naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt, nun traballo publicado en Mem. Acad. Imp. Sci. St. Petersbourg, ser. 6, VII; Sci. Nat.: 151.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actalmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Aplodontidae Trouessart, 1897
  • Haplodontidae Alston, 1876
  • Haploodontidae Lilljeborg, 1866
  • Haploodontini Brandt, 1855

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia, como quedou dito, só conta cun xénero, cunha única especie, na que se recoñecen as subespcies que se indican:[1]

  • Aplodontia Richardson, 1829
    • Aplodontia rufa Rafinesque, 1817
      • A. r. californica
      • A. r. humboldtiana
      • A. r. nigra
      • A. r. pacifica
      • A. r. phaea
      • A. r. rainieri
      • A. r. rufa

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente foi clasificada como a única familia non extinta da suborde Protrogomorpha. Pode ser unha familia irmá da familia dos esciúridos.[1]

Fósiles[editar | editar a fonte]

Coñecense numerosos fósiles desde o Oligoceno até o Mioceno en Asia, do Oligoceno en Europa e desde o Oligoceno até a actualidade en Norteamérica, onde vive o único representante actual da familia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]