Saltar ao contido

Apio Claudio Craso (cónsul 349 a. C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaApio Claudio Craso
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte349 a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
349 a. C. – 349 a. C.
Ditador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga, militar da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública romana temperá Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaClaudii Crassi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
FillosCaio Claudio Craso Editar o valor en Wikidata
PaisAppius Claudius Crassus Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Apio Claudio Craso Inrexilense (en latín: Appius Claudius P. f. App. n. Crassus), finado polo 349 a. C. foi un xeneral e político romano. Segundo o historiador Tito Livio, pronunciou un discurso perante o Senado no 368 a. C. opoñéndose sen éxito á proposta de abrir o consulado tamén aos plebeos.[1] No 362 a. C., despois de que o cónsul plebeo daquel ano, Lucio Xenucio Aventinense, fose morto en batalla, Claudio foi nomeado ditador e fixo campaña contra os hérnicos, obtendo algúns éxitos pero con grandes perdas.[2][3] Morreu pouco despois de tomar posesión do consulado no 349 a. C.[4][5]

Claudio Craso era, probabelmente, o pai de Caio Claudio Inrexilense, ditador no 337 a. C. e, polo tanto, avó do censor Apio Claudio Cego.

A maioría dos acontecementos históricos atribuídos á súa vida foron cuestionados. Oakley rexeita a historicidade do discurso de Claudio no 368 a. C., afirmando que nin Livio nin as súas fontes terían ningunha evidencia auténtica diso, e tamén sinala que a oposición da familia Claudia aos dereitos dos plebeos era un estereotipo recorrente na tradición romana.[6] Oakley tamén considerou dubidosa a ditadura de Claudio en 362,[7] pero Ferenczy aceptou como feitos históricos tanto o cargo como a campaña contra os Hernici.[8] Outros autores tamén cuestionaron a autenticidade do consulado no 349.[9][10]

O historiador Livio identifica a Claudio, o cónsul no 349 a.C., con Apio Claudio Craso, tribuno consular no 403 a. C.; mentres que Wiseman considera improbable esa duración da carreira,[11] e Münzer suxeriu que a tradición literaria confundiu dous Apio Claudio.[4] Segundo os Fasti Capitolini, unha lista de maxistrados elaborada durante a época do emperador Augusto, tanto o tribuno como o cónsul eran fillos de Publio e netos de Apio, mais só o cónsul recibiu o apelido "Inregillensis".[12]

  1. Tito Livio, Ab urbe condita 6.40 – 42
  2. Titus Livio, Ab urbe condita 7.7 – 8
  3. Broughton (1951), p. 118.
  4. 4,0 4,1 Münzer (1899), p. columna 2697.
  5. Broughton (1951), p. 128.
  6. Oakley (1997), pp. 695–696.
  7. Oakley (1997), p. 695.
  8. Ferenczy (1976), p. 126.
  9. Werner (1963), pp. 82–85.
  10. MacBain (1980), p. 360 (nota 25).
  11. Wiseman (1979), pp. 84–85.
  12. Broughton (1951), p. 82 (nota 1).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic (Volume I: 509 B.C.–100 B.C) (en inglés). Nova York: American Philological Association. 
  • Ferenczy, Endre (1976). From the Patrician State to the Patricio-plebeian State (en inglés). Budapest: Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-0671-8. 
  • MacBain, Bruce (1980). "Appius Claudius Caecus and the Via Appia". The Classical Quarterly 30 (2): 356–372. JSTOR 638505. doi:10.1017/S0009838800042294. 
  • Münzer, Friedrich (1899). "Claudius 122". Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (RE, PW) (en alemán). volume 3, parte 2, columnas 2697–2698. 
  • Oakley, S.P. (1997). A Commentary on Livy, Books VI–X, Volume I: Introduction and Book VI (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-814877-1. 
  • Werner, Robert (1963). Der Beginn der Römischen Republik (en alemán). Múnic: Oldenbourg. ISBN 9783486819748. doi:10.1515/9783486819748. 
  • Wiseman, T.P. (1979). Clio's Cosmetics: Three Studies in Greco-Roman Literature (en inglés). Leicester: Leicester University Press. ISBN 0-8476-6206-3. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Lucio Manlio Capitolino Imperioso

Ditador da República Romana

362 a. C.
Sucesor:
Tito Quincio Penno Capitolino Crispino
Predecesor:
Marco Popilio Lenas IIIe
Lucio Cornelio Escipión

Cónsul da República Romana
con Lucio Furio Camilo

349 a. C.
Sucesor:
Marco Valerio Máximo Corvo e
Marco Popilio Lenas IV