Saltar ao contido

Aparición do apóstolo san Pedro a san Pedro Nolasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aparición do apóstolo san Pedro a san Pedro Nolasco
Imaxe
 Instancia de
Características
 Material / ingrediente
 Xénero artístico
 Colección
 Relixión
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1629 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   179 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   223 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Exposición
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Número inventario
P001237 (Museo do Prado) Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata

Aparición do apóstolo san Pedro a san Pedro Nolasco é un cadro de Francisco de Zurbarán pintado en 1629 e conservado no Museo do Prado de Madrid, España. Está pintado ó óleo sobre lenzo, mide 179 cm de alto por 223 de ancho e forma parella con Visión de san Pedro Nolasco. Na zona inferior está asinado e datado: FRANCISCUS Đ ZURBARAN [coa inscrita na N]/ FACIEBAT. 16Z9

O cadro representa a san Pedro aparecéndose e consolando a san Pedro Nolasco, xa que este quería ir a Roma para visitar a tumba do apóstolo e non podía, e cominándolle a continuar as súas tarefas de evanxelización en España.

A obra, xunto coa súa compañeira Visión de san Pedro Nolasco, das mesmas medidas, foi realizada para o claustro do convento de la Merced Calzada de Sevilla (actual edificio do Museo de Belas Artes). Nelas o pintor estremeño amosa a súa habilidade para plasmar a expresión das figuras, os valores táctiles e calidade das texturas e o cromatismo de brancos e grises en composicións austeras.

En 1808 o lenzo foi comprado por López Cepero, deán da catedral de Sevilla, que en 1821 doou á colección do rei Fernando VII.