Saltar ao contido

Apagamento eléctrico na Península Ibérica de 2025

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apagamento eléctrico na Península Ibérica de 2025
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Causa de
 Causado por
overvoltage (en) Traducir
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data
28 de abril de 2025 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Mortes5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Wikidata C:Commons

O 28 de abril de 2025, ás 12:33 p.m. (CEST), produciuse un importante apagamento eléctrico a través da Península Ibérica e partes do suroeste de Francia,[1] afectando especificamente a Andorra, Portugal, España e o sur de Francia.[2][3] O corte de enerxía provocou dificultades nas comunicacións, sistemas de transporte e sectores esenciais como hospitais e servizos de emerxencia.[4]

Os informes sinalan problemas coa rede eléctrica europea. Os semáforos deixaron de funcionar en moitos lugares e as liñas de metro tiveron que ser evacuadas.[5] Aproximadamente ás 16:00 h (hora local), o operador eléctrico español Red Eléctrica estimou que o restabelecemento do servizo tardaría entre seis e dez horas.[6] Aínda que aproximadamente á mesma hora, o operador de rede portugués indicou que a normalización podería tardar até unha semana.[7] Tres persoas faleceron en Taboadela afogadas polo fume dun xerador durante o apagamento.[8]