António Sérgio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntónio Sérgio
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Damão, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

António Sérgio de Sousa Júnior, nado en Damão o 3 de setembro de 1883 e finado en Lisboa o, 24 de xaneiro de 1969, foi un pensador, pedagogo e político portugués.[1] Existe unha escola secundaria co seu nome en Vila Nova de Gaia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

António Sérgio naceu na India Portuguesa e viviu parte da infancia en África. Xa en Lisboa, seguindo unha liñaxe de familiares militares, estudou no Colexio Militar e despois na Escola Politécnica e na Escola Naval. Axiña sentiu grande interese pola poesía e pola filosofía, debéndose o seu pronto ideario racionalista á lectura da Ética de Espinosa, ao estudo da xeometría analítica e ao interese pola obra de Antero de Quental.

Iniciando unha carreira de oficial da Mariña, fixo varias viaxes que o levaron a Cabo Verde e a Macau. Abandonou a Mariña coa implantación da República en 1910, por xurar fidelidade ao rei deposto.

Casou con Luísa Epifâneo da Silva (que asinou escritos pedagóxicos como Luísa Sérgio), con quen tivo unha grande camaradaxe intelectual. As súas dúas primeiras obras publicadas foron un volume de Rimas e unha obra filosófica sobre Antero de Quental onde reaccionou contra o naturalismo positivista.

En 1912 concorreu para lector asistente da sección de Filosofía da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, nun concurso ao que tamén se presentaron Leonardo Coímbra e Matos Romão, que habería de ser nomeado.

Tras estudos de posgraduado no Instituto Jean-Jacques Rousseau (1914-16), gran centro mundial do movemento da Escola Nova, onde estudou coa súa muller, e onde tratou a Édouard Claparède e a Adolphe Ferrière, participou no máis consecuente proxecto de reforma do Ensino Portugués elaborado durante a Primeira República (Proxecto Camoesas).

A súa vida aventurosa fíxoo vivir en diversos lugares (Lisboa, Río de Xaneiro, Londres, Xenebra, París, Santiago de Compostela, Madrid) o que favoreceu o seu asumido cosmopolitismo.

Durante o consulado sidonista (1918-19), lanza a revista Pela Grei[2](1918-1919)[3], para a cal convoca diversos especialistas para presentar un programa de Fomento Nacional (tendo a parte económica sido bastante traballada por Ezequiel de Campos); nos anos de 1920 integra a dirección da Seara Nova (xunto con Raul Proença e Jaime Cortesão) e é nese cadro que vén a integrar o goberno de Álvaro de Castro (1923), asumindo a carpeta da Educación, co principal propósito de crear unha Xunta de Ampliación de Estudos, organismo autónomo que enviaría sistematicamente bolseiros ao estranxeiro para estudar, e que financiaría institutos de investigación e escolas modernas (o proxecto foi executado, sen a compoñente pedagóxica e sen o espírito democrático que inspiraba Sérgio, en 1929, coa creación da Xunta de Educación Nacional, antepasado do Instituto de Alta Cultura, do INIC e da FCT).

Co fin da Primeira República, vese grazas ao exilio residindo en París de 1926 até 1933.

De volta ao solo pátrio, tornouse un dos principais nomes do movemento cooperativista e do socialismo democrático; entre os seus compañeiros de loita contáronse Alves Correia, Mário Azevedo Gomes, José Régio, Bento de Jesus Caraça (con quen trabou unha polémica sobre a interpretación de Platón, cerca de 1945, onde a tensión entre marxismo e proudhonismo e idealismo racionalista está implícita), Manuel Antunes e moitas outras figuras da cultura portuguesa. A importancia das súas conexións políticas nótase perfectamente nesa época. Sérgio formou parte do Movemento de Unidade Democrática, xuntamente con nomes como Alves Redol, o xeneral Norton de Matos, Ruy Luís Gomes e Bento de Jesus Caraça (oposicionistas e excepcionais matemáticos), Irene Lisboa, Fernando Lopes Graza, Ferreira de Castro, Abel Salazar, Miguel Torga, Maria Lamas, Pulido Valente, Vitorino Magalhães Godinho, Mário Dionísio e Francisco Salgado Zenha (á data aínda estudante) e moitos outros.[4]

Apoiou a candidatura de Humberto Delgado e desenvolveu ampla campaña en prol da cultura.

A partir de 1959, abandonou a intervención cívica activa e a pluma de escritor, vindo a falecer en 1969.

O seu nome perdura na toponímia portuguesa, en nomes de rúas. En Campo Maior (Portugal) existe mesmo un busto de António Sérgio na Avenida que tamén ten o seu nome.

Foi agraciado, a título póstumo, cos graos de Grande-Oficial da Orde da Liberdade (30 de xuño de 1980) e de Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada (3 de agosto de 1983).[5]

António Sérgio, um homem que pensou Portugal foi o título da exposición na Sociedade Portuguesa de Autores (SPA) aos cincuenta anos da súa morte.[6]

Pensamento[editar | editar a fonte]

António Sérgio, moi influenciado polo socialismo de Proudhon por vía de Antero, non consideraba a cuestión república/monarquía importante por xulgar a cuestión social (melloría das condicións de vida das clases traballadoras) máis fundamental que a revolución política.

A súa acción e pensamento, inicialmente inspirados por figuras como Alexandre Herculano, Oliveira Martins e Antero de Quental, foi marcadamente volta para a reforma das mentalidades, para a comprensión histórico-sociológica de Portugal e para a problemática da educación; defendeu o modelo da escola-municipio, baseado no ideal de self-government e de educación cívica.

O seu pensamento inscríbese nunha constelación de pensadores cosmopolitas de ideario voluntarista como os seus contemporáneos, defensores da democracia e de ideais socialistas, entre os cales se contan John Dewey, Guglielmo Ferrero, Ramsay MacDonald e Georg Kerschensteiner.

A súa interpretación da historia de Portugal, que foi amadurecendo en textos publicados entre 1913 e 1924, valorizou os factores socio-económicos (as dúas políticas nacionais: transporte e fixación) e de psicoloxía social (dicotomía ideal-típica entre particularismo e comunarismo, orixinaria da corrente sociolóxica francesa do grupo de La Science Sociale, onde se destacaron Edmond Desmolins, autor de À quoi tient la supériorité des anglo-saxons, e Léon Poinsard, que foi estudar a Portugal por convite de Manuel II, de que resultou a obra Le Portugal Inconnu, publicada en 1909); António Sérgio criticou as historias románticas que enaltecían os feitos guerreiros e a aventura norte-africana de D. Sebastião, esquecendo a pesada herdanza do colonialismo.

Durante a década de 1910, a súa intervención foi enmarcada polo movemento cultural da Renascença Portuguesa (onde pontificaban Teixeira de Pascoaes e Jaime Cortesão), movemento que Sérgio sempre considerou de natureza plural, op á idea de que opóndose por iso ao saudosismo de Pascoaes, cuxo valor restrinxía ao plano estético, podería servir de farol para a solución do problema nacional; polo contrario denunciou a teima da purificación e o parasitismo desde os Descobrimentos, enaltecendo o papel dos estranxeirados reformistas e dos que se inspiraban de corrente liberais cosmopolitas (Luís António Verney, Ribeiro Sanches e despois Alexandre Herculano, Almeida Garrett, Mouzinho de Albuquerque, Antero de Quental, Oliveira Martins).

No plano político, Sérgio considerou prioritaria a constitución dunha opinión pública e dunha elite, recrutada sobre a base social máis ampla, a cal fiscalizaría os representantes electos - esta sería unha condición fundamental para unha democracia efectiva, a cal, na acepción filosófica, equivalería ao réxime en que todo o ser humano estivese investido da dignidade que resulta do considerar sempre como fin en si e nunca como medio (Kant); por iso teorizou sobre a noción de elite, para o que se inspirou en Proudhon, Gabriel Tarde e Paul de Roussiers.

Durante a residencia en París de 1926 até 1933, tornouse amigo de Paul Langevin, frecuentando os cenáculos racionalistas onde Léon Brunschvicg era figura maior. Continuou non obstante a publicar os seus Ensaios, onde os temas literarios, históricos e filosóficos eran dominantes, sempre presentados nunha perspetiva pedagóxica e crítica (que se mantivo fiel ás intuicións maiores dos seus anos de formación) e a loitar polo retorno de Portugal á democracia.

Os anos de 1950 rodeouse dun grupo de mozos estudantes de ciencias (entre os cales se contou João Luís Andrade e Silva, discípulo de Louis de Broglie, que a volver de París iniciou de modo consecuente o ensino superior da Historia das ideas científicas), para os cales escribiu as Cartas de Problemática.

Para os seus detratores (bergsonistas, nacionalistas de feitura romántica ou integralista, marxistas-leninistas), o seu pensamento foi esencialmente polémico e datado; non obstante, o seu pensamento continuou a despertar vocacións en xente das ciencias sociais e exactas, que non se reclamando os seus discípulos senten ser decisiva a súa inspiración.

António Sérgio e a cultura[editar | editar a fonte]

É importante unha referencia ao seu concepto de cultura. "Home culto (…) significará un individuo de xuízo crítico, afinado, obxectivo, universalista, liberto das limitacións de nacionalidade e de clase (…)." (…) e somos filósofos na proporción exacta en que nos liberamos dos límites que nos inculcan a raza, a nacionalidade, o sitio, o instante, o culto, o temperamento, a clase, o sexo, a moda, a profesión".[7][8]

Neste campo, a súa actividade foi inmensa: fundou a revista Pola Grei (1918-1919); colaborou na revista Águia, con homes como Teixeira de Pascoaes ou Fernando Persoa; escribiu tamén na revista Seara Nova, a partir de 1923, onde se encontraron personaxes como Aquilino Ribeiro, Raul Brandão ou Azeredo Perdigão (máis tarde dirixente da Fundación Calouste Gulbenkian); colaborou nas revistas Homens Libres (1923) e Lusitânia[9](1924-1927) e no semanario Mundo Literário (1946-1948); foi director da Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira; escribiu unha inmensa obra teórica en gran parte reunida nos Ensaios; lanzou en Portugal a idea do Cooperativismo, que se viría a revelar a súa obra máis duradeira, especialmente ao nivel das cooperativas de vivenda; fundou a Xunta Propulsora dos Estudos; difundiu o método Montessori; creou o ensino para discapacitados e o cinema educativo, tendo aínda tempo para fundar o Instituto Portugués do Cancro.[10][11]

Foi amigo persoal de Adolphe Ferrière, Édouard Claparède e Paul Langevin - orientador do doutoramento de Louis de Broglie (Premio Nobel da Física en 1929); foi profesor, sobre todo da Universidade de Santiago de Compostela (en 1933), tendo, por todo isto, influenciado personaxes como o seu amigo Barahona Fernandes - un dos máis distinguidos psiquiatras portugueses -, o arquitecto Raul Lino, o pedagogo Rui Grácio ou Mário Soares. Pódese consideralo como un "Educador de Xeracións". Pretendía combater o ensino soamente baseado na memoria e adestrar os nenos no exercicio da democracia, vendo a escola como «modelo» para a sociedade. Entendía o ensino como factor de rexurdimento nacional e creador dunha elite humanista, sendo a cultura vista como produto da Democracia por oposición ao autoritarismo.

A acción política de António Sérgio[editar | editar a fonte]

António Sérgio debe ser visto como político.

Henrique de Barros e Fernando Ferreira da Costa, foron amigos de Sérgio, e, como el, opositores do réxime de Salazar. Para ambos, Sérgio quería algo orixinal: un socialismo asociativista, liberador ou mesmo libertario, a crear de dentro para fóra, pacificamente, pola extensión gradual máis ilimitada do principio cooperativo. Home cultísimo e de gran curiosidade mental, lector permanente e crítico, coñecía ben as obras de Marx e non ignoraba a vida e as accións deste, mais "nunca foi marxista nin revelou tendencia para o ser, como é xeralmente sabido."[12]

A loita política de Sérgio contra o réxime non parou e só esmorecia cando as circunstancias eran por de máis impeditivas da expresión do pensamento.[13] Acabando por se convencer, tras o seu regreso ao país en 1933 e até ao fracaso da candidatura Norton de Matos, de que o sistema nunca se liberalizaría a punto de procurar quen o continuase ou o sucedese recorrendo a eleccións honestas, o pensador volveu ser conspirador activo e pasou de novo a privilexiar unha solución de índole militar.

En 1993, José Freire Antunes, na obra Salazar Caetano cartas secretas 1932-1968 volveu a afirmar o papel de António Sérgio nas dificultades do salazarismo, dicindo que o Presidente da República de entón, Craveiro Lopes, esixiu a Salazar a dimisión de Santos Costa, grande partidario do xefe do goberno - tendo Salazar cedido, despois de se sentir ameazado por Craveiro Lopes, que o podería cesar. "A campaña electoral de Delgado «á americana» mobilizou multitudes, convulsionando literalmente un país a que Salazar incutira a habitualidade bloqueadora das emocións."[14] Era completamente distinta a acción do Partido Comunista da dos socialdemócratas, como Sérgio. António Sérgio viría a declarar que as eleccións foran unha "farsa indecorosa". Humberto Delgado dixo en público, en relación a Salazar, caso electo Presidente da República: "obviamente césoo". Mais en 1965, Humberto Delgado foi asasinado e Portugal mergullou cada vez máis nas guerras de África - desde 1961 - en Angola, Mozambique e Guinea-Bissau. En 1968 Salazar foi substituído por Marcelo Caetano e en 1974 as Forzas Armadas, finalmente, derrubaron o réxime que elas mesmas comezaran, en 1926.[15]

Vemos hoxe o que foi a vida de Sérgio pola seguinte síntese:

"Sérgio foi prendido en 1910, 1933, 1935, 1948 e 1958. E a propósito das últimas catro veces pensou (e despois escribiu) que foi na prisión que encontrou a certa «unión nacional» - de oposición á ditadura militar, primeiramente, e, despois, a Salazar, ao Estado Novo, ao fascismo."[16]

O esencial da actividade política de Sérgio é sempre enquadrábel co seu aspeto teórico - a conexión á Democracia, á Liberdade, como vía para a Educación e Cultura.

Obra[editar | editar a fonte]

  • O Problema da Cultura e o isolamento dos povos peninsulares (1914). Porto.
  • Ensaios I (1920). Río de Xaneiro.
  • Tréplica a Carlos Malheiro Dias sobre a questão do «Desejado» (1925). Lisboa.
  • Ensaios II (1929). Lisboa.
  • Ensaios III (1932). Porto
  • Ensaios IV (1934). Lisboa.
  • Democracia (1934). Lisboa. En 1974, Livraria Sá da Costa Editora.
  • Ensaios V (1936). Lisboa.
  • Cartesianismo real, cartesianismo ideal (1937). Lisboa.
  • História de Portugal, tomo I - Introdução geográfica (1941). Lisboa.
  • Ensaios VI (1946). Lisboa.
  • Cartas de Problemática (1953-55). Lisboa.
  • Ensaios VII (1954). Lisboa.
  • Ensaios VIII (1958). Lisboa.
  • Tentativa de interpretação da história de Portugal (1962).
  • Antologia dos Economistas Portugueses - Século XVII (1975). Livraria Sá da Costa Editora
  • Antologia Sociológica. Pátio de Comêdias (1978). Livraria Sá da Costa Editora
  • Introdução Geográfico - Sociológica à História de Portugal (1982). Livraria Sá da Costa Editora
  • Sobre o Sistema Cooperativista (1984). Livraria Sá da Costa Editora
  • Correspondência para Raul Proença (1987). Biblioteca Nacional
  • Textos Políticos (1991). Publicações Alfa
  • A Lírica de Camões (1995). Vega.
  • Breve Interpretação da História de Portugal (1998). Livraria Sá da Costa Editora
  • Notas Sobre Antero, Cartas de Problemática e Outros Textos Filosóficos (2001). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • Na Terra e no Mar (2008). Livraria Sá da Costa Editora. Novela.
  • Os Dez Anõezinhos da Tia Verde-Água (2008). Livraria Sá da Costa Editora. Xuvenil
  • Ensaios sobre Educação (2008). INCM - Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • Os Conselheiros do Califa (2008). Livraria Sá da Costa Editora
  • História da Baleia (2009). Vogais. Xuvenil
  • Contos Gregos (2017). Porto Editora. Xuvenil.
  • História Trágico-Marítima. Narrativas de naufrágios da época das conquistas (2019). Porto Editora.

Nota[editar | editar a fonte]

  1. "António Sérgio". cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2020. 
  2. "Pela Grei" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  3. "Biografia". CASES - Cooperativa António Sérgio para a Economia Social (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  4. "RUY LUÍS GOMES" (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  5. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-06-17. 
  6. Lusa. "Os 50 anos da morte de António Sérgio vão ser lembrados em Lisboa". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  7. "Para a definição da aspiração comum dos povos luso-descendentes", Ensaios tomo VI, Lisboa, Sá da Costa, p. 17.
  8. "Resposta a um inquérito" Vértice, nº30-35, maio de 1946,p. 172.
  9. "Lusitania" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  10. Barros, Henrique de e Costa, Fernando Ferreira da, António Sérgio: uma nobre utopia, Lisboa, 1983, Edições O Jornal.
  11. Sérgio, António, Ensaios, tomo I pp13–43 (op. cit.)
  12. Barros Henrique de e Costa, Fernando Ferreira da, António Sérgio:uma nobre utopia, Lisboa, 1983, Edições O Jornal, pp. 33–34.
  13. Unha das súas máis sonadas tomas políticas de oposición ao réxime foi a de encabezar a mensaxe dirixida ao Presidente da República, o 10 de xullo de 1956, reclamando o cumprimento, efectivo do artigo 8º da Constitución entón vixente, a cal garantía teoricamente o exercicio dos dereitos cívicos. Valeulle esta actitude varios ataques na Emisora Nacional, na Asemblea Nacional, na prensa, que profundamente o magoaran e o levaron ás réplicas veementes que constitúen a XLIX Carta da terceira serie de Cartas do terceiro home.
  14. Antunes, José Freire, Salazar Caetano cartas secretas 1932-1968, Edição José Freire Antunes e Círculo de Leitores, Lisboa, novembro de 1993, pp. 76-78.
  15. Baptista, Jacinto, Disse chamar-se António Sérgio de Sousa … auto da prisão, inquirição e desterro do autor dos Ensaios em 1935, Lisboa, Caminho, 1992, pp. 44-45.
  16. Baptista, Jacinto, op. cit., p. 62.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antunes, José Freire (1993). Salazar Caetano cartas secretas 1932-1968. Lisboa, Edição José Freire Antunes e Círculo de Leitores
  • AA VV (1976). Homenagem a António Sérgio. Lisboa.
  • Baptista, Jacinto (1992). Disse chamar-se António Sérgio de Sousa … auto da prisão, inquirição e desterro do autor dos Ensaios em 1935. Lisboa, Caminho
  • Barros, Henrique de e Costa, Fernando Ferreira da (1983). António Sérgio: uma nobre utopia. Lisboa, Edições O Jornal.
  • Campos Matos, A. «Bibliografia de António Sérgio», en Vértice vol. 30, nº 319-320, agosto-setembro, 1970, pp. 568 a 597.
  • Carvalho, Rómulo. História do Ensino em Portugal (1968). Lisboa, F.C.Gulbenkian.
  • Fernandes, Rogério (1978). O Pensamento Pedagógico em Portugal. Lisboa, ICALP.
  • Mota, Carlos Alberto M. Gomes (2000). António Sérgio Pedagogo e Político. Porto, Cadernos do Caos (En Internet)
  • Mota, Carlos Alberto M. Gomes (1994). A obra pedagógica de Antonio Sergio (1883-1969) Uma visao da pedagogía, a cultura e a democracia. Tese de doutoramento, Universidade de Santiago.
  • Príncipe, João (2004). Razão e Ciência em António Sérgio.Lisboa, Imprensa Nacional.
  • Príncipe, João (2012). Quatro Novos estudos sobre António Sérgio, com um posfácio de Hermínio Martins Vale de Cambra, Caleidoscópio,
  • Sá, Vítor de (1979). A Historiografia Sociológica de António Sérgio. Lisboa, ICALP.
  • Vilhena, Magalhães (1964). António Sérgio e a crise do Idealismo Burguês. Lisboa, Seara Nova.