Antracose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antracose
Pulmón do mineiro de carbón de Birmingham que mostra o efecto da enfermidade pulmonar negra.
EspecialidadePneumoloxía
ComplicaciónsFibrose pulmonar
CausasDiversas, entre elas contaminación atmosférica, tabaquismo e enfermidade laboral dos mineiros.
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A antracose ou tise dos mineiros[1] é unha lesión pulmonar caracterizada pola pigmentación por partículas de carbón, observada en mineiros, poboacións de grandes núcleos urbanos ou zonas contaminadas, ademais de fumadores. A súa evolución pode dar lugar a graves trastornos pulmonares, sobre todo nos profesionais que entran constantemente en contacto co po de carbón. As partículas de carbón permanecen no tecido pulmonar ou nos ganglios linfáticos de por vida, pero cando son excesivas, poden causar fibrose pulmonar.

Macroscopia[editar | editar a fonte]

Nunha análise macroscópica obsérvase un pulmón con aspecto ennegrecido ou piltagado, con máis afectación das partes ventrais dos lobos que as dorsais, afectando tamén os linfonodos rexionais.

Microscopia[editar | editar a fonte]

Micrografía de antracose, con deposición de pigmento intersticial (frecha negra) e un macrófago antracótico (frecha branca).

Na análise microscópica, as partículas verifícanse como pigmento negro, libre ou fagocitado, moi fino e non refrinxente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "bUSCatermos; antracose". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-03-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.