Antonio de los Ríos Rosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio de los Ríos Rosas

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Antonio de los Ríos y Rosas Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1812 Editar o valor em Wikidata
Ronda, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1873 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
6 de xuño de 1873 – 4 de novembro de 1873
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña
Presidente do Congreso dos Deputados
28 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872
← Práxedes Mateo SagastaNicolás María Rivero (pt) Traducir →
Presidente do Congreso dos Deputados
28 de decembro de 1865 – 2 de outubro de 1866
← Patricio de la EscosuraCándido Nocedal →
Presidente do Congreso dos Deputados
5 de novembro de 1863 – 23 de xuño de 1864
← Diego López BallesterosAlejandro de Castro Casal →
Embaixador de España na Santa Sé
1859 – 1861 – Manuel Pando Fernández de Pineda →
Ministro de Gobernación
14 de xullo de 1856 – 12 de outubro de 1856
← Patricio de la EscosuraCándido Nocedal →
Ministro de Gobernación
18 de xullo de 1854 – 30 de xullo de 1854
← Luis José SartoriusFrancisco Santa Cruz → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , diplomático , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Liberal Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: De_los_Ríos_Rosas-2 Find a Grave: 10512275 Editar o valor em Wikidata

Antonio Sánchez del Río y López de la Rosa, que cambiou os seus apelidos polo máis sonoro Antonio de los Ríos Rosas,[1] nado en Ronda o 16 de marzo de 1812 e finado en Madrid o 3 de novembro de 1873, foi un orador, xurista e político español, presidente do Congreso dos Deputados durante as lexislaturas de 1863-1864, 1865-1866 e 1872.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ríos Rosas era licenciado en Dereito pola Universidade de Granada e accedeu por vez primeira ás Cortes Xerais como deputado pola provincia de Málaga en 1836. Contrario ás manobras do xeneral Espartero durante a Rexencia de María Cristina, opúxose ao mesmo a partir de 1840. Coa caída do xeneral e a maioría de idade de Isabel II, foi nomeado membro do Consello Real.

Ao longo dos anos evolucionou cara a posicións menos absolutistas e máis proclives cara a un moderantismo democrático, opoñéndose a Narváez na Década Moderada, aínda que tamén se opuxo firmemente ás modificacións constitucionais que se propuñan desde o Goberno do Bienio Progresista, máis próximo á vella doutrina da soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes. Coa chegada de Leopoldo O'Donnell ao poder nos gobernos da Unión Liberal, encargóuselle a redacción da Acta Adicional para facer máis liberal a restaurada Constitución de 1845 e foi nomeado ministro de Gobernación o 14 de xullo de 1856 no primeiro goberno, aínda que cesou en outubro do mesmo ano. En 1852 ingresou na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

Posteriormente foi embaixador de España en Roma e levou o peso das negociacións para restablecer as relacións diplomáticas coa Santa Sé e pór de novo en vigor o Concordato de 1851. A partir de 1861 foise separando da liña de O'Donnell e en 1863 foi elixido presidente do Congreso dos Deputados nos momentos máis críticos da Unión Liberal, ingresando na Real Academia Española e sendo elixido presidente do Ateneo de Madrid. Durante dous anos foi desterrado polo xeneral Narváez ás illas Canarias.

Tras a caída da monarquía, durante o Sexenio Democrático foi elixido membro do Consello de Estado e mantívose dentro dos moderados afastado das tentacións republicanas e apoiou a elección de Amadeu de Savoia como rei de España. Pero o fracaso desta experiencia e a proclamación da primeira república achegárono ás teses de Emilio Castelar (republicanismo unitario) fronte ás de Pi i Margall (republicanismo federal), moito máis radicais; aínda que discrepaba daquel nas cuestións relixiosas. Morreu en Madrid sen apenas recursos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zapatero, Virgilio, Fernando de los Ríos: Los problemas del socialismo democrático, Madrid, Cuadernos para el Diálogo, 1974, p. 15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]