Saltar ao contido

Antonio Villar Febrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Villar Febrero
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
San Tomé, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
campo de concentración de Gusen, Austria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11541 Raum der Namen: 45341 Memorial Democràtic: deportats/2598

Antonio Villar Febrero, nado en San Tomé (Cartelle) o 1 de decembro de 1912 e finado en Gusen (Austria) o 11 de agosto de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran labregos. Ao finalizar a guerra civil española exiliouse en Francia. Foi membro da Compañía de Traballadores Estranxeiros –creada por decreto o 12 de abril de 1939– (CTE 24), con destino no departamento de Mosela. Uns 55 000 refuxiados españois foron obrigados a traballar, principalmente no exército, na agricultura e na industria de armamento.

Rexistro de Antonio Villar en Mauthausen

Capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial, foi encarcerado no Frontstalag 140, en Belfort (Francia). Ingresou en Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, co número de prisioneiro 6 599, procedente do Stalag XI-B, Fallingbostel (Alemaña). Clasificado como católico, solteiro e de profesión Landwirt (labrego).

O 17 de febreiro de 1941 trasladárono a Gusen, co número 87 058, ao Block 13, onde morreu o 11 de agosto de 1941, ás sete da mañá, segundo o rexistro, como consecuencia dunha pneumonía.

A maioría dos deportados españois aos campos de concentración nazis faleceron en Gusen, a uns cinco quilómetros do campo central de Mauthausen. Construído para a explotación con man de obra escrava de tres canteiras e unha gran fábrica de ladrillos, funcionaba de forma autónoma, sendo as condicións de traballo aínda máis duras que no campo central. Onde se levantaba o campo construíuse anos despois unha urbanización.

Aviso de deceso, 1950

O 6 de marzo do 2020 a súa veciña Nuria Rodríguez Rodríguez presentou no consulado arxentino de Vigo unha denuncia en nome de Antonio para unila á querela arxentina contra os crimes do franquismo. Ese mesmo día presentáronse outras seis denuncias en nome de todos os deportados da provincia de Ourense. O acto foi coordinado polo grupo de traballo de Ourense da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.[4][5][6]

  1. "Ficha detallada de Antonio". Libro memorial. Españoles deportados a campos de concentración nazis (1940-1945). Ministerio de Cultura. Consultado o 4-12-2025. 
  2. Antonio Villar Febrero na base de datos do proxecto Nomes e voces.
  3. "Antonio Villar no arquivo de Bad Arolsen". Archivo Arolsen. Consultado o 4-12-2025. 
  4. Marcos Pérez Pena (21 de xaneiro de 2025). "As familias de 20 galegos enviados aos campos nazis únense á querela arxentina contra o Franquismo". Praza.gal. 
  5. Raúl Novoa González (10 de maio de 2020). "Crímenes impunes: gallegos en el holocausto y la responsabilidad franquista". El Salto (en castelán). 
  6. "Los casos de ourensanos deportados en campos nazis inician la fase argentina". Faro de Vigo (en castelán). 7 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Deportación. El horror de los campos de concentración. Fédération Nationale des Déportés et Internés Résistants et Patriotes. Barcelona: Editorial Petronio. 1969.
  • VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésias. p. III-1236
  • Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945) Madrid: Ministerio de Cultura. p. 403.
  • Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide.
  • Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona: Ediciones B.
  • Wachsmann, Nikolaus (2017). KL. Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona: Editorial Crítica.