Antonio Trevín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1956 (68 anos) Avilés, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
12 de xullo de 2016 – 31 de agosto de 2017 – Natalia González Peláez (en) → Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
4º Presidente do Principado de Asturias | |
17 de xuño de 1993 – 10 de xullo de 1995 ← Juan Luis Rodríguez-Vigil – Sergio Marqués → | |
Mayor of Llanes (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Participou en | |
18 de agosto de 2020 | En defensa do reinado de Xoán Carlos I |
Antonio Ramón María Trevín Lombán, nado en Avilés o 27 de febreiro de 1956, é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1993 e 1995 e foi o cabeza de lista do Partido Socialista Obrero Español nas xerais por Asturias.
Inicios
[editar | editar a fonte]Mestre e diplomado en Historia, é profesor de Educación Xeral Básica, profesión que exerceu por primeira vez nas escolas de Hontoria e Purón, en Llanes. En 1982 afiliouse ao PSOE e formou parte da candidatura dese partido ao Concello de Llanes nas eleccións municipais de 1983. Foi elixido concelleiro e portavoz do Grupo Municipal Socialista.
Entre 1985 e 1987 foi Director Provincial de Educación, sendo conselleiro de Educación, Cultura e Deporte Manuel Fernández de la Cera.
Nas eleccións municipais de maio de 1987, encabezou a candidatura do PSOE ao Concello de Llanes, resultando elixido alcalde con maioría absoluta. En 1991, repetiu candidatura e triunfo, compaxinando o cargo de Alcalde co de Deputado na Xunta Xeral do Principado, xa que formara parte da candidatura do PSOE nas eleccións autonómicas pola circunscrición oriental.
Presidente do Principado de Asturias
[editar | editar a fonte]En 1993, o escándalo do petromocho, fixo que o daquelas Presidente do Principado, Juan Luis Rodríguez-Vigil dimitise, o que fixo que o Grupo Socialista na Xunta Xeral do Principado presentase a candidatura de Antonio Trevín como Presidente do Principado, resultando investido. As novas responsabilidades fixérono dimitir como Alcalde de Llanes.
Nas eleccións autonómicas de 1995, encabezou a candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado, sendo derrotado pola do PP encabezada por Sergio Marqués. Tras catro anos como Xefe da Oposición, encabeza de novo en 1999 a candidatura do PSOE en Llanes, resultando elixido alcalde e revalidando o cargo nas municipais de 2003.
Delegado do Goberno
[editar | editar a fonte]En maio de 2004, tras a vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 2004, foi nomeado Delegado do Goberno de España en Asturias, cargo que ostentou até 2011 cando dimitiu para ser cabeza de lista nas xerais por Asturias, obtendo o escano.
Dentro dos órganos internos do PSOE, desde 1994 é membro do Comité Federal e formou parte da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado, sendo poñente da LOGSE. Así mesmo, coordinou a Comisión de Educación da Federación Española de Municipios e Provincias.
Cargos políticos desempeñados
[editar | editar a fonte]- Concelleiro no Concello de Llanes. (1983-1985)
- Director Provincial de Educación de Asturias. (1985-1987)
- Concelleiro no Concello de Llanes. (1987-1993)
- Alcalde de Llanes. (1987-1993)
- Deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias. (1991-1999)
- Presidente do Principado de Asturias (1993-1995)
- Presidente do grupo socialista na Xunta Xeral do Principado de Asturias. (1995-1999)
- Concelleiro no Concello de Llanes. (1999-2004)
- Alcalde de Llanes. (1999-2004)
- Delegado do Goberno en Asturias. (2004-2011)
- Deputado por Asturias no Congreso dos Deputados. (desde 2011)
Predecesor: José Enrique Rozas Guijarro |
Alcalde de Llanes 1987-1993 |
Sucesor: Manuel Esteban Miguel Amieva |
Predecesor: Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio |
Presidente do Principado de Asturias 1993-1995 |
Sucesor: Sergio Marqués |
Predecesor: Isidro Fernández Rozada |
Xefe da Oposición do Principado de Asturias 1995-1999 |
Sucesor: Ovidio Sánchez |
Predecesor: Manuel Esteban Miguel Amieva |
Alcalde de Llanes 1999-2004 |
Sucesor: María Dolores Álvarez Campillo |
Predecesor: Mercedes Fernández |
Delegado do Goberno de España en Asturias 2004-2011 |
Sucesor: Francisco González Zapico |