Antonio Sánchez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Sánchez González
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata (122 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata

Antonio Sánchez González, nado en Ourense o 28 de xullo de 1901,[1] foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asistentes á IV Asemblea Nacionalista. Entre outros están: Castelao, Casal, Antón Losada, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Blanco Torres e Otero Pedrayo.

Fillo de Delfín Sánchez Novoa e da mestra Sira González Cid. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense.[2] Foi mestre interino de Piñor,[3] e propietario de San Xurxo (San Xoán de Río),[4] As Neves,[5] e Trasalba; despois foi director da escola graduada de Ourense.[6] Amigo de Otero Pedrayo e membro das Irmandades da Fala, asistiu á IV Asemblea Nacionalista de Monforte.[7] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendidos temporalmente de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense en agosto.[8] Foi reposto provisionalmente en outubro de 1937,[9] e sancionado con perda de haberes dos tres primeiros meses de suspensión en novembro dese ano.[10] En 1941 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Tui con Margarita Abundancia Fortes, filla de Pío Abundancia Álvarez, en 1930,[12] e foi pai de Margarita Sira, que casou con Paulino Fernández Otero,[13] María Rita, que casou con Manuel Domínguez Lorenzo,[14] e María Dolores Sánchez Abundancia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 84. 
  2. La Región, 5-6-1914, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 11-2-1927, p. 11.
  4. La Región, 12-7-1927, p. 1.
  5. La Región, 17-12-1929, p. 8.
  6. Grupo Escolar nº 1
  7. Identificando persoeiros das Irmandades da Fala
  8. La Región, 4-8-1936, p. 4.
  9. La Región, 15-10-1937, p. 4.
  10. La Región, 18-11-1937, p. 4.
  11. BOE, 7-11-1941, p. 4082.
  12. El Pueblo Gallego, 21-8-1930, p. 7.
  13. La Región, 1-7-1953, p. 8.
  14. El Pueblo Gallego, 11-12-1959, p. 11.