Antonio Rodríguez del Busto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Rodríguez del Busto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1848 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 1926 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Océano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Autonomista Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJerónima Escuti
IrmánsFrancisco Rodríguez del Busto Editar o valor em Wikidata

Antonio Rodríguez del Busto, nado en Ribadeo o 3 de xullo de 1848[1] e finado no océano Atlántico o 18 de outubro de 1926[2], foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do naviero José Rodríguez e sobriño do enxeñeiro Alexandre Le Laboureur. Estudou Nautica e Comercio en Ribadeo. Nos veráns estudaba en Ferrol para entrar na Armada de Guerra. Enviado polos seus pais a Arxentina, participou na guerra de Paraguai. Despois instalouse en Córdoba, onde casou con Jerónima Escuti. Apaixonado pola cultura e xornalista de aceirada pluma, fixo fortuna. Ao notar que a cidade de Córdoba tendía a expandirse á zona que agora conforma o barrio Alta Córdoba, comprou esas terras. En 1886 formou unha sociedade urbanizadora con Marcos N. Juárez e Ramón J. Cárcano e, dous anos despois, comezou a venda de terreos. Foi intendente da cidade de Córdoba entre o 18 de abril e o 12 de maio de 1887.

Dirixiu os periódicos Eco de Córdoba, El Progreso, El Interior e as revistas El Jaspe e El Moro Tarfe e fundou en 1890 El Debate; tamén colaborou en El Nacional, La República e La Tribuna. Nos seus libros analizou cuestións históricas e da súa época.

Finou no océano Atlántico o 18 de outubro de 1926 a bordo do vapor Infanta Isabel de Borbón, cando regresaba dunha viaxe a España[3].

Obras[editar | editar a fonte]

  • América del Sur: altitudes y canalización, 1908.
  • Apuntes para la historia de la legislación, 1912.
  • El rey don Pelayo y el Fuero de Sobrarbe, 1919.
  • El sistema de gobierno dual de Argentina y su origen, 1921.
  • Canal de navegación interoceánica a través de América del Sur, desde Comodoro Rivadavia (Atlántico) hasta el Golfo de Penas (Pacifico), 1924.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Esfera, 20-10-1923, p. 10-11.
  2. Couceiro Freijomil, A. (1954). "Rodríguez del Busto, Antonio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 200. 
  3. El Despertar Gallego, 6-2-1927, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]