Antonio Prieto Rivas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1876 Allariz |
| Morte | 14 de abril de 1936 Ponteareas |
| 1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, farmacéutico |
Antonio Prieto Rivas, nado en Allariz en 1876 e finado en Ponteareas o 14 de abril de 1936, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trasladouse a Ponteareas moi novo para traballar nunha farmacia local. Rematada a carreira de Farmacia, estableceuse como farmacéutico en Ponteareas. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro e presidente local da Unión Patriótica. Integrouse no Partido Republicano Radical en 1931 seguindo a Emiliano Iglesias, e foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra por este partido nas eleccións xerais de 1933. Finou en Ponteareas o 14 de abril de 1936.[1][2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elisa Barros Arbones.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candeira Mosquera, Francisco (1999). O Condado na IIª República (1931-1939). Ponteareas: Egasur. ISBN 84-930739-0-3.