Antonio Presas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Presas
Nacemento3 de xuño de 1950
Lugar de nacementoSoutolongo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxeógrafo
Na rede
Dialnet: 1802690
editar datos en Wikidata ]

Antonio Presas García, nado en Soutolongo (Lalín) o 3 de xuño de 1950, é un xeógrafo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre e licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no IES Laxeiro de Lalín.

Formou parte da candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi concelleiro en xullo de 1988, logo da dimisión de Manuel Igrexas[1]. Nas eleccións municipais de 1995 foi o número 2 da candidatura do BNG e foi elixido concelleiro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Os castros de Lalín, 2008
  • O mundo dos castros. A Comarca de Deza, 2014.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2016 recibiu a "Folla de Carballo na modalidade de Ouro" do Concello de Lalín.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7. 
  2. Entrega da Folla de Carballo de oro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. pp. 88–89. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]