Antonio Pousada Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Pousada Pérez
Biografía
NacementoPoio, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1959 Editar o valor em Wikidata
Cotobade, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Pousada Pérez, nado en Poio e finado en Cotobade o 28 de novembro de 1959,[1] foi un practicante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dependente. Veciño de Cotobade, foi nomeado fiscal de Cotobade en decembro de 1927.[2] En febreiro de 1928 foi elixido contador da xunta directiva da Federación Agraria de Cotobade,[3] e en 1929 foi nomeado presidente da Federación.[4] Foi elixido presidente do Centro Republicano de Cotobade en 1930.[5] Coa proclamación da República foi elixido concelleiro de Cotobade en 1931, nomeado primeiro tenente-alcalde e despois alcalde de Cotobade. Dimitiu do cargo de alcalde de Cotobade en decembro de 1932.[6] Militante do Partido Republicano Gallego, foi nomeado deputado provincial polo distrito de Redondela-Pontecaldelas en 1933,[7] sendo cesado en xaneiro de 1934.[8] Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado alcalde de Cotobade en marzo de 1936.[9] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no campo de concentración da illa de San Simón. Foi xulgado en Pontevedra en consello de guerra co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941,[10] foi sobresido en 1944.[11]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Cotobade
 
1931 - 1933
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Cotobade
 
1936
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Aurora Cerviño e foi pai de Manuel, José e Lucrecia Pousada Cerviño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 29-11-1959, p. 8.
  2. El Progreso, 30-12-1927, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 3-2-1928, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 8-12-1929, p. 14.
  5. El Pueblo Gallego, 22-7-1930, p. 10.
  6. El País, 18-1-1933, p. 1.
  7. El Pueblo Gallego, 30-5-1933, p. 11.
  8. El País, 4-1-1934, p. 2.
  9. El Pueblo Gallego, 26-6-1936, p. 2.
  10. El Compostelano, 24-11-1941, p. 2.
  11. El Compostelano, 21-11-1944, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]