Antonio Polo Díez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Antonio Carmelo Jesús Polo Díez, nado en Corcubión o 20 de xaneiro de 1907 e finado en Barcelona o 1 de marzo de 1992, foi un avogado e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan de Dios Polo Hurtado e María de las Mercedes Díez Martínez. Estudou o bacharelato no Instituto de Salamanca. Licenciouse en Dereito na Universidade de Salamanca en 1927. Doutorouse na Universidade Central coa memoria “Aspecto penal del tratamiento médico quirúrgico arbitrario”. Foi pensionado pola Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones científicas (JAE) para facer estudos de Dereito mercantil e Dereito comparado en Alemaña. Foi profesor auxiliar da Facultade de Dereito da Universidade de Salamanca (1930-1935),e despois catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Oviedo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. Tras o expediente de depuración e a resolución de varios recursos, foi destinado con carácter forzoso á Facultade de Dereito da Universidade de Granada en 1941. Cinco anos despois, por concurso de traslado, pasou á Universidade de Barcelona ata a súa xubilación en 1977.

Foi vicedecano da Facultade de Dereito de Barcelona e Decano da Facultade de Ciencias Económicas da mesma Universidade de 1956 a 1962. Desde 1970 a 1975 foi Decano en funcións da Facultade de Dereito.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Sánchez, e tivo cinco fillos; un deles, Eduardo Polo Sánchez, foi tamén catedrático de Dereito Mercantil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]