Antonio Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antonio Pol González")

Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931, é un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou o Bacharelato en Lugo onde tamén se fixo perito mercantil. É licenciado en Dereito e graduado social pola Universidade de Santiago de Compostela. Notario dende 1959, exerceu en Jalón (Alacant), Arzúa, Sarria e Valdepeñas. Foi alcalde de Arzúa (1964-1968) e alcalde de Lugo (1974-1975). Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes. Foi gobernador civil de Salamanca (1975-1977) e Coruña (1977). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Popular. Foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Recibiu a Medalla Castelao en 2001.


Predecesor:
?
 Arzúa.svg
Alcalde de Arzúa
 
1964 - 1968
Sucesor:
?
Predecesor:
Fernando Pedrosa Roldán
 Escudo de Lugo 3.svg
Alcalde de Lugo
 
1974 - 1975
Sucesor:
Víctor Basanta Varela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]