Antonio Pillado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Pillado Montero»)
Antonio Pillado
Nacemento22 de abril de 1936
Lugar de nacementoCambados
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PremiosGran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pillado Montero, nado en Cambados o 22 de abril de 1936, é un avogado e político galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro de Cambados e alcalde entre 1987 e 1990, sendo tamén deputado provincial. Foi deputado por Pontevedra na II lexislatura (1982-1986) e na IV, V e VI (1989-1999). Foi senador electo por Pontevedra por Alianza Popular (AP) na III lexislatura (1986-1989), durante a cal pertenceu á deputación permanente do Senado e ás comisións de Constitución e Xustiza. Foi conselleiro de Xustiza e Interior entre 1999 e 2003, sucedendo no cargo a Xesús Palmou.


Predecesor:
Xoán Antonio Pillado Silvoso
 Escudo de Cambados.svg
Alcalde de Cambados
 
1987 - 1990
Sucesor:
Santiago Tirado Serén
Predecesor:
Xesús Palmou
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Xustiza e Interior
 
1999 - 2003
Sucesor:
Xesús Palmou

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.senado.es (ed.). "Pillado MOntero, Antonio". Arquivado dende o orixinal o 03/03/2006. Consultado o 26/12/2010.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]