Antonio Picallo Buela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Picallo Buela
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Tenorio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Picallo Buela, nado na Estrada cara a 1896 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu unha bolsa da Fundación Figueroa en 1904.[1] Veciño de Pontevedra dende os anos vinte, traballou como obreiro. Foi vendedor de periódicos de propaganda comunista na República. Foi detido en xaneiro de 1935 por agredir a Manuel Argibay Solla.[2] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por soldados de artillaría o 20 de xullo. Foi trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín,[3] para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). Foi xulgado na causa 742/36 de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 8-8-1904, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 3-1-1935, p. 11.
  3. Aparece nunha nota reservada na que se dá conta dunha relación de presos que sacan da illa o 8 de novembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]